Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O XXXI Certame de Rondallas de Reis reunirá en Gondomar ás agrupacións máis destacas do sur de Pontevedra.

O XXXI Certame de Rondallas de Reis reunirá en Gondomar ás agrupacións máis destacas do sur de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF
a-merced-chain

-As locais agrupacións de Vincios e Chaín serán as anfitrionas dun desfile que contará con 10 rondallas en representación de Vigo, Nigrán, Mos e Porriño.

-O desfile de rondallas comezará ás 10 horas da mañá de Reis en contará co tradicional "encontro de bandeiras".

-En caso de choiva o evento terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes.

A XXXI edición do Certame de Rondallas de Reis de Gondomar reunirá a dez das mellores agrupacións do sur de Pontevedra o vindeiro 6 de xaneiro dende ás 10h. No que se anuncia como unha das maiores apostas en materia de festexos públicos do Concello, a mesma contará cun orzamento de 10 mil euros só en materia de axudas aos grupos que participarán no desfile, segundo anuncia o concelleiro responsable de Cultura e Festexos Ignacio Troncoso.

A concellaría de Festexos anuncia que nesta edición "dobra a contía" en materia de axudas a cada rondalla co respecto a anos anteriores -a razón de 1000 euros cada unha- en sinal do "seu compromiso co mantemento desta tradición e o seu esforzo para potenciala", nun momento no que a supervivencia destas agrupacións tradicionais atópase ameazada en toda Galicia. Nomeadamente, cada agrupación está composta de entre 40 a 150 persoas, ás que débese dalgún xeito compensar os seus esforzos na confección de vestimentas, instrumentos e desprazamento, segundo explica Troncoso.

O Certama de Rondallas de Reis de Gondomar" é unha referencia nestas data a nivel provincial" -sinala Troncoso- tanto pola lonxevidade do certame "como pola tradición que este tipo de música ten en Gondomar e o interese que esperta o tradicional e vistoso encontro de bandeiras de participantes". Neste caso, unha modalidade de desfile que dá carácter único ao certame.

O Programa

Cada unha das agrupación interpretará durante quince minutos fronte a Praza do Concello as pezas que ela mesma seleccionase e efectuará un cruce de bandeiras coa rondalla anterior e posterior na intersección das rúas Ángel Urzaiz e Elduayen. En caso de choiva o certame celebrarase no Pavillón de Deportes Municipal de Gondomar.

Hora 10:00 Santa Eulalia de Atios

Hora 10:15 San Salvador de Louredo

Hora 10:40 ACM de Pontellas

Hora 11:05 CC de Vincios

Hora 11:30 CC A Merced de Chaín

Hora 11:55 CVC Valladares

Hora 12:20 Helios de Benbrive

Hora 12:45 Santiago de Parada

Hora 13:10 Santa Eulalia de Mos

Hora 13:35 Rondalla do CSCR de Beade

Agasallos especias para as rondallas participantes.

Ademais da axuda en metálico de 1000 euros, o Concello de Gondomar entregará a cada agrupación dous agasallos de orde simbólico. Por unha banda unha peza confeccionada por membros da Asociación Avelaíña e un exemplar do libro retallos de GONDOMAR DO MIÑOR, recentemente editado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

Unha aposta en tempos difíciles.

Consultado por este portal sobre a importancia do orzamento dedicado ao certame, o concelleiro Igancio Troncoso manifestou que puido facerse "grazas a que ao longo do ano se fixeron as cousas ben". Nese senso informou que a súa concellaría previu tódalas actividades a desenvolver no ano a partir dun orzamento limitado pero que se cumpriu sen gastar "máis do que se tiña".

Ademais da importancia deste desfile na tradición do municipio, o concelleiro salientou o valor das rondallas na tradición musical do país. Nese senso opinou que nestes "tempos difíciles" é cando máis hai que "mimarllas", ante o perigo da súa desaparición pola falla de eventos que contemplen a súa participación.

A edición número XXX do certame que tivo lugar no 2012, contou con cinco conxuntos. Daquela, o Concello entregou 450 euros como axuda, 90 euros máis que o ano anterior. Nembargante, comprobouse que era moi difícil contar cun bo espectáculo con ese orzamento, afirmou Troncoso, na medida que só en transporte a meirande parte dos grupos gastaban máis. Foi por iso, asegurou o concelleiro, que na elaboración do calendario de actividades e o seu correspondente orzamento tívose en conta a necesidade de axustar as axudas a unha cantidade que asegurase unha participación de agrupacións como as que terán lugar este ano.