Xoves, 9 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Os Reis Magos e as rondallas toman as rúas de Gondomar.

Os Reis Magos e as rondallas toman as rúas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe do pasarúas das rondallas en Gondomar o ano pasado

Gondomar prepara as súas festas de reis. O xoves 5 terá lugar a tradicional cabalgata que percorres as principais rúas céntricas da vila e remata coa recollida das cartas cos desexos dos pequenos. A celebración continuará o venres 6 cun certame e desfile de rondallas.

 A cabalgata de reis en Gondomar do xoves 5 de xaneiro.

A Concellería de Cultura organiza un ano máis a cabalgata de reis en Gondomar. A mesma percorrerá as principais rúas da vila a partir das 18:30 horas para deterse na praza do concello e dirixirse ao Belén Vivente . Unha vez alí, as súas maxestades participarán da representación que desenvolverá a Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar. Finalmente dirixiranse cara ao pavillón municipal de deportes, onde recibirán as cartas e peticións dos nenos.

XXX Certame de Rondallas de Gondomar.

O tradicional certame de rondallas de reis, tamén terá lugar este ano, onde se cumpre a súa 30ª edición. A partir das 11:30 horas, do venres de reis, comezará o desfile polas rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz co seu tradicional encontro de bandeiras. No desfile participarán as rondallas de San Salvado de Louredo (Mos), da Asociación de Veciños de Vincios, da Asociación Cultural A Merced de Chaín, o Centro Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos e C.S.C.R de Beade.