Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O actor Candido Pazo será o pregoneiro do Entroido de Gondomar.

O actor Candido Pazo será o pregoneiro do Entroido de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
entroido-gondomar-2012

O desfile-concurso terá lugar o próximo domingo, día 10 de febreiro, a partir das 16.00 horas e contará coa presenza do dúo Azar que será o encargado de presentar e amenizar o evento. O pregón deste Entroido 2013 correrá a cargo do actor Cándido Pazó.

-O desfile- concurso contará con 15 comparsas

A Casa da Cultura de Gondomar acollerá, mañá martes ás 20.00 horas, a reunión previa que manterán o concelleiro de Cultura e Festexos, Ignacio Troncoso e a Policía Local cos representantes das comparsas participantes no Desfile de Entroido.

O obxecto de dita xuntanza será o de informar as comparsas sobre o recorrido a seguir, así como o de definir a orde de saída de cada unha delas.

A Concellaría de Cultura e Festexos agradeceu nun comunicado, a participación "xa que, un ano máis, a cota fixada para a inscrición no Gran Desfile de Comparsas deste Entroido 2013 completouse". Finalmente serán 15 as comparsas participantes.