Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Entroido chega a Gondomar co "Gran Desfile de Comparsas".

O Entroido chega a Gondomar co "Gran Desfile de Comparsas".

Correo-e Imprimir PDF
entroido-gondomar-2012

- O desfile-concurso celebrarase o domingo 10 a partir das 16.00 horas e percorrerá as rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz

O encargado de abrir esta xornada organizada pola Concellaría de Festexos, será o actor Cándido Pazó, que recitará o tradicional pregón deste Entroido 2013 de Gondomar. Pola súa banda, o dúo Azar presentará e amenizará o desfile.

Nesta edición serán quince comparsas as que percorrerán as rúas de Gondomar facendo as delicias de todos os asistentes. A orde de saída será a seguinte:

. Comparsa Cultural Luces de Tomiño, "Astérix, Obélix e os Vikingos"

. Agrupación Carnavales de Couso, "Os vaqueiros parrandeiros"

. Agrupación Chegaron os que faltaban de Vigo, "Alicia no País das Maravillas"

. Centro Cultural A Merced de Chaín, "O Arco da Vella"

. Peña San Campio 2008 de Valladares, "Café pos ricos, borralla pos pobres"

. Agrupación de Carnavales de Vincios, "Os Simpson"

. Os Macanudos de Morgadáns, "Grecomacanudos"

. Agrupación de Carnavales de A Guarda, "Caribe Mix"

. ASVCD Nautilus de San Andrés de Comesaña, "Tebeo"

. Agrupación de Carnavales de Baiona, "Plumas e pistolas"

. Asociación de Carnavales de Mañufe, "A volta ó mundo en 80 días"

. Os Lunáticos de Chaín, "Fantasía Carnavaleira"

. Moito Antroido de San Pedro da Ramallosa, "Habelas Hailas"

. Asociación Cultural Breogán Valle Miñor e Tra-lo Mosteiro, "Cats"

. Os Terribles de Tebra, "Ave Real"

Logo de pasar polas rúas Eduardo Iglesias e Ángel Urzaiz, o concelleiro Ingancio Troncoso informou que realizarase unha pequena parada na praza do Concello, onde o dúo Azar amenizará a espera ata que se leve a cabo a entrega de premios.

Para as comparsas máis orixinais haberá premios:

• 700 euros 1º clasificada

• 600 euros 2º clasificada

• 500 euros 3º clasificada

• 400 euros 12 axudas para as restantes comparsas participantes

Haberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.