Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

Expectativa en Gondomar ante unha nova arribada dos grandes pilotos do Rallye Rías Baixas.

Correo-e Imprimir PDF

Joan-VINYES-Suzuki-Swift-S1Os concellos do sur da Provincia de Pontevedra céntranse nestes días na organización do Rallye Rías Baixas. E é que a ninguén se lle escapa o moito que move, a nivel deportivo e de promoción turística, unha proba do campionato de España de Rallyes de Asfalto.
O Concello de Gondomar púidoo comprobar o ano pasado de primeira man. A expectación que xerou a presenza dos vehículos de competición no parque de reagrupamento situado diante do consistorio municipal e o éxito de acollida que tivo a charla con pilotos celebrada no Auditorio Lois Tobío foi tan grande, que deciron repetir nesta edición.

Comezan as inscricións para participar da XIV edición do Memorial Manuel Barros de Atletismo.

Correo-e Imprimir PDF

ManuelBarros21A proba terá lugar o 1 de xuño desde as 10.00 horas. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro 28 de maio, ás 20.00 horas. Poderán participar todas as persoas que o desexen, estean federadas ou non, con excepción dos atletas estranxeiros federados no seu país, salvo os portugueses que non foran internacionais co seu país nos derradeiros 5 anos.

Máis de 200 crianzas gozaron dunhas xornadas de convivencia deportiva en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

convivenciaA Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar organizou esta semana, por terceiro ano consecutivo, a Convivencia Olímpica para nenos e nenas de Educación Infantil. Máis de 230 nenos e nenas, de entre 3 e 6 anos, procedentes dos distintos centros de educación infantil e CRA do Concello participaron nesta xornada que, debido ás condicións meteorolóxicas, tivo que trasladarse do campo municipal de As Cercas ao Pavillón Municipal.

Xornada de patín artístico este domingo no Pavillón de Deportes de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

polideportivo-panxonO Pavillón Municipal de Deportes de Panxón acollerá mañá entre as 17.30 y las 20.00 horas a XXV Xuntanza Provincial de Patinaxe Artístico, que congregará a máis de 400 crianzas das escolas municipais de patinaxe de Bueu, Cangas, Gondomar, Moaña, Nigrán e Xirando de Vigo.

Preto de 500 ciclistas de Gondomar, Nigrán e Baiona déronse cita na XXVI edición da Festa da Bicicleta

Correo-e Imprimir PDF

Fiestabici. O Concello de Gondomar foi, nesta ocasión, o anfitrión desta tradicional proba que congrega participantes de todo o Val Miñor
Esta mañá, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, tivo lugar a XXVI edición da Festa da Bicicleta. Este tradicional evento chega, como é costume, da man dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona, e contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

A Mancomunidade do Val Miñor celebra a XXVI Festa da Bicicleta o Día das Letras Galegas.

Correo-e Imprimir PDF

CARTEL FIESTA BICICoincidindo co Día das Letras Galegas, a Mancomunidade do Val Miñor organiza para o vindeiro sábado 17 de maio a XXVI edición da Festa da Bicicleta. A concentración terá inicio ás 10 da mañá para as respectivas inscricións e entrega de dorsais no Parador de Baiona. Segundo comunica a organización, para participar é obrigatorio un mínimo de 7 anos de idade e levar casco todo o percorrido.

Histórico ascenso do equipo feminino de tenis de mesa de Vincios á División de Honra de España.

Correo-e Imprimir PDF

vincios-badeA Asociación Deportiva Vincios / BADE acadou esta pasada fin de semana en Zaragoza, onde se disputou a fase de ascenso a División de Honra, un éxito histórico ao conseguir unha das prazas que dan dereito a participar na tempada que vén na categoría de elite do tenis de mesa español.

Con gran éxito desenvolveuse o torneo de fútbol infantil no Campo Municipal de San Pedro.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 2637O VI Torneo Racvil Infantil de Fútbol 7 en homenaxe ao ex xogador Policarpo Vilar Misa "Poli" (actual concelleiro de Accesibilidade de Baiona) contou coa participación do Racing Vilariño (organizador), Valadares, Erizana, Rápido Bouzas, Gondomar, La Guía, Sárdoma , Mondariz, Tomiño, Val Miñor e Coia. A competencia disputouse os días 18 e 19 de abril. O Sárdoma obtivo o título de campión, o Val Miñor o subcampionato, o Rápido de Bouzas a terceira clasificación e o Valadares a cuarta posición. Os infantís do Racing Vilariño foron galardoados co trofeo á deportividade.

Conclúe a execución das melloras de iluminación do campo municipal de fútbol de As Cercas

Correo-e Imprimir PDF

As-CercasAs obras supuxeron un investimento de 24.336'92 euros financiados polo Plan de Investimentos 2014 da Deputación de Pontevedra
Esta semana finalizaron as obras de mellora da iluminación no campo municipal de fútbol de As Cercas. Así o informou Juan Carlos González Camesella, responsable da área de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Gondomar. As obras consistiron na instalación de 24 novos focos, cambio de cableado e cadros de mando ademais de arranxos e melloras no sistema de megafonía.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL