Este luns 7 de xullo arrinca na Praia de Ladeira o Campus de Ciclismo organizado polo Concello de Baiona e o Club Ciclista Rías Baixas, que durará ata o venres 11. Será a cuarta edición desta iniciativa que pretende achegar aos máis novos, de entre 5 a 14 anos, ao mundo da bicicleta e que se engloba dentro do programa de dez campamentos deportivos que ofrece o municipio miñorano durante a época estival. Os interesados aínda están a tempo de inscribirse tanto no Pavillón de Baiona como chamando ao teléfono 667 758 169.
Deportes
A piscina aberta de Los Abetos acollerá o I Torneo de Waterpolo organizado polo Náutico de Vigo.
Dende o venres 4 ao domingo 6 de xullo terá lugar un torneo de waterpolo organizado polo Real Club Náutico de Vigo nas instalacións de Los Abetos (Nigrán). Participarán equipos galegos, portugueses e madrileños nun total de 8 equipos que na piscina descuberta do centro hostaleiro intentarán acadar o trofeo. A competición disputarase en dúas categorías, xuvenís (1996-1999) e infantil (2000 a 2003).
A Agrupación Deportiva Vincios abre inscricións para participar nunha andaina por Gondomar.
A Agrupación Deportiva Vincios organiza unha andaina que sairá o vindeiro sábado 5 de xullo ás 9:30 da mañá do Pavillón de Deportes de Gondomar. Os participantes percorrerán unhas rutas de sendeirismo con fermosas paisaxes nun tramos de 12 quilómetros. O prezo de inscrición é de 5 euros e inclúe seguro, avituallamento e bolsa de comida. As inscricións deben realizarse no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Inscricións abertas para o torneo de fútbol sala II Trofeo Concello de Gondomar.
A Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar, organiza o torneo de fútbol sala San Bieito, II Trofeo Concello de Gondomar do 7 o 12 de xullo no pavillón de deportes. As inscricións fanse no teléfono 608748393 e finalizan o día 3 as 24:00 h, a reunión e sorteo venres día 4 as 21:00 h, no Centro Neural o lado do campo de fútbol As Cercas.
Asturianos gañan o XXIII Campionato de España de Parellas de Bolo Celta disputado en Camos.
A parella formada por José M. Bueno e Sergio Álvarez, do club de bolos Horizonte de Asturias fíxose onte co título de campión do XXIII Campionato de España de Bolo Celta por Parellas, que se disputou o pasado fin de semana na cancha de birlos de Camos. O club galego Estivada conseguiu o segundo posto, seguidos do Xunqueira e do Belesar-Urgal, que ocuparon o terceiro e cuarto posto respectivamente.
O porriñés, Jacobo Ucha do Rías Baixas mellor galego Sub 23 clasificado na proba de ruta de Ponferrada.
O corredor porriñés, Jacobo Ucha (Club Ciclista Rías Baixas) obtén a sétima posición da proba en ruta sub 23 do Campionato de España celebrada esta mañá en Ponferrada. Defendendo nesta ocasión á Selección de Galicia, quedou a 5 segundos do gañador da proba, Gonzalo Andrés (Selección de Asturias) quen completou os 146 km do percorrido en 3:44:23 horas.
Gondomar: Escolares gozan dunha xornada de tenis e recollen máis de 100 quilos de alimentos.
A pesar das dúbidas sobre a meteoroloxía, o pasado sábado tivo lugar o VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis, organizado polo Concello, a través da Concellaría de Deportes e en colaboración co Club de Tenis Gondomar. A competición desenvolveuse nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal de Deportes dende 09.30 horas ata as 13.30 horas.
Destacada actuación do Club Ciclista Rías Baixas na III Ruta do Albariño.
Destacado papel do Club Ciclista Rías Baixas na última xornada da Ruta do Albariño disputada este sábado. Kevin Gómez entrou en terceira posición na liña de meta de Cambados e David Pérez adxudicouse a clasificación da montaña. Os dous novos talentos da entidade do Val Miñor finalizaron entre os once primeiros da xeral desta proba para corredores Sub-20.
Máis de 200 participantes daranse cita este sábado no III Torneo de xadrez Dani da Rocha Prol
A terceira edición do torneo de xadrez Dani da Rocha Prol, organizado polo club Laroca en colaboración co Concello de Nigrán, congregará o vindeiro sábado a máis de 200 nenos e nenas de toda Galicia. A proba, incluída no Circuíto Galego de Promoción do Xadrez, arrincará ás 11.00 horas, e disputarase ao longo de toda a xornada, finalizando ás 19.30 horas coa entrega de premios.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL