As obras supuxeron un investimento de 24.336'92 euros financiados polo Plan de Investimentos 2014 da Deputación de Pontevedra
Esta semana finalizaron as obras de mellora da iluminación no campo municipal de fútbol de As Cercas. Así o informou Juan Carlos González Camesella, responsable da área de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Gondomar. As obras consistiron na instalación de 24 novos focos, cambio de cableado e cadros de mando ademais de arranxos e melloras no sistema de megafonía.
A nova iluminación, que supuxo un investimento de 24.336'92 euros foron financiados polo Plan de Investimentos 2014 da Deputación de Pontevedra e o Concello sinala que xa está en funcionamento.
"Estas novas instalacións eléctricas van permitir optimizar o uso do campo de As Cercas e explotar ao máximo o terreo de xogo, xa que debido á boa iluminación actual se abre a posibilidade a que poidan xogarse partidos en horario nocturno sen ningún problema", afirma Camesella.