Venres, 14 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar non ten praias ... e tampouco piscina.

Gondomar non ten praias ... e tampouco piscina.

Correo-e Imprimir PDF
aro-piscinaweb

Ao igual que en Baiona e Nigrán, o Concello de Gondomar buscará xestionar a construción da piscina municipal a través dunha empresa que se encargue da construción e explotación da mesma, sen que teña a administración que financiar a obra. Esta é a saída que queda logo da rescisión obrigada que terá que asumir logo do ditame do Xulgado do Contencioso Administrativo que obriga a indemnizar con máis de 90 mil euros a empresa portuguesa Telhabel Construçoes que gañou a adxudicación do ano 2007 e non puido facer os traballos por falta das actualizacións ao novo código técnico de edificación nin a acta de reformulación requirida ao concello.

Logo de tres anos de acusacións cruzadas entre o PP, PSOE e BNG, e de non dar cunha fórmula de conciliación, o proxecto 2007 da piscina termal de momento queda pechado. Segundo o anunciado polo actual rexedor Martín Urgal aos medios, o Pleno do próximo mércores deberá aprobar os créditos para o pagamento da débeda, agora xudicial.

Din na bisbarra que o sono da piscina municipal propia ten máis de 25 anos de xestación. Filla da iniciativa do Partido Popular, contou sempre con pouca receptividade do BNG e abstención do PSOE. Carlos Silva viu como o proxecto íase da seu período de goberno, entón inaugurou cunha pedra o que nunca se construíu. De momento, o campo de fútbol As Cercas, non terá a seu carón a desexada piscina.