A Asociación Deportiva Vincios / BADE acadou esta pasada fin de semana en Zaragoza, onde se disputou a fase de ascenso a División de Honra, un éxito histórico ao conseguir unha das prazas que dan dereito a participar na tempada que vén na categoría de elite do tenis de mesa español.
O equipo formado polas xogadoras Natalia Fernández, Lucía Graña e Eva Molina, baixo as ordes do adestrador Antonio Gregorio, venceron no partido decisivo ás anfitrioas, o Cai Santiago de Zaragoza, por un axustado 3-2.
É a primeira vez que a Agrupación Deportiva Vincios de Tenis de Mesa consegue o ascenso a División de Honra na categoría feminina, feito sen precedentes e consecuencia do bo traballo realizado polo club durante todos estes anos.