O vindeiro domingo 24 de maio ás 5 da tarde, o Gondomar CF desenvolverá unha homenaxe no seu campo As Gaiandas, aos ex membros do club e entidades que estiveron apoiando á institución ao longo dos seus 100 anos de vida. Ese día terá lugar o derradeiro partido da tempada 2014-2015 que o vai enfrontar ao Alerta Navia.
Deportes
A volta ao Alto Tâmeiga medirá aos ciclistas do Rías Baixas cos profesionais máis fortes de Portugal.
O equipo Élite e Sub 23 do Club Ciclista Rías Baixas disputa desde mañá, venres día 22, ata o domingo no norte de Portugal a Volta ao Alto Tâmega, unha cita na que compartirá pelotón cos conxuntos profesionais máis fortes do ciclismo luso. A estrutura que dirixe Marcos Serrano acode á primeira edición desta carreira con Aser Estévez e Jose Manuel Gutiérrez como xefes de filas.
#Nigrán : Escolares de Coia e Camos celebran encontros deportivos de baloncesto mixto
O baloncesto mixto medra nas escolas deportivas dirixidas polo Club Baloncesto Nigrán. Comezaron con 6 cativos e outubro pasado no cole Cruz Camos e agora xa traballan en dúas categorías con equipos completos. Dirixidos pola adestradora Nuria Gómez días pasados visitaron o colexio público Escultor Acuña, para celebrar a Festa do Deporte que organiza todos os anos a Anpa deste centro de Coia, en Vigo.
O club de arco Serra de Gondomar acada tres podios en Moscoso
Con case 100 arqueiros tiña lugar a 4ª tirada da liga Galega de bosque 3D do clube Cazarco, encargado da organización da proba nun percorrido de 20 dianas.
O club Serra de Gondomar esta vez con 12 participantes 4 senior e 8 menores de 14 anos obtería tres podios, en categoría senior Jose Carlos Presa seria primeiro en arco desnudo categoría de alto nivel competitivo. Os outros tres senior Israel Martinez, Marco Melon e Miguel Angel entrarían entre os 10 primeiros postos.
A A.D. Vincios organiza unha fin de semana deportiva para todo público.
Vincios vivirá unha fin de semana cargada de ofertas deportivas . Este sábado 9 a parroquia acollerá a Festa do Deporte con probas e competicións nas modalidades de cross escolar (infantil), un duatlón con bicis de montaña (a partir dos 16 anos) e unha carreira popular de 3 e 6 quilómetros para todo público. As actividades terán como centro o campo de fútbol de A Pasaxe a partir das 16.30 horas e contará coa organización e coordinación da Agrupación Deportiva Vincios.
Detidos tres individuos integrantes dunha célula dedicada ao asalto de casas nos concellos limítrofes de Vigo.
O principal radio de acción era a cidade de Vigo e os concellos limítrofes segundo os primeiros informes achegados pola Garda Civil. Os detidos, 3 persoas de nacionalidade albanesa, desprazábanse cun automóbil con matrícula de Albania na procura de vivendas unifamiliares ás que vixiaban tomando nota dos hábitos dos habitantes. Os roubos cometíanse habitualmente na franxa horaria das 19 ás 23 horas.
O Club Serra de Gondomar acada dous podios e actuacións salientables nas probas de A Coruña.
Organizada polo club Arco Hércules este domingo nos montes de Bens en A Coruña, desenvolvíase o segundo encontro puntuable para a liga Galega de bosque 3d. Cunha climatoloxía adversa "moito vento e algo de choiva", dos 98 participantes chegados das 4 provincias galegas, comezarían a proba de 20 dianas a dúas frechas por diana. Refachos, ás veces fortes, dificultarían moito aos arqueiros afinar o tiro nas dianas colocadas algunhas ata os case 40 ou 45 metros de distancia, aínda que a choiva"non seria un problema", aseguran.
O Gondomar Club de Fútbol recibe a medalla de ouro do Concello polo seu centenario
O Concello de Gondomar celebrou onte, xoves día 18 de decembro, pleno extraordinario no Auditorio Luís Tobío para a entrega da medalla de ouro ao Gondomar Club de Fútbol con motivo do seu cen aniversario como institución deportiva. O presidente do Club, Alfonso Mandado, recibiu a medalla de ouro da man do alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, nun encontro que estivo acompañado pola actuación dun dueto como clausura do acto. A directiva do Club e antigos xogadores estiveron presentes no acto.
O Gondomar Club de Fútbol recibirá a medalla de ouro do Concello en sesión plenaria este xoves.
O Concello de Gondomar celebrará un pleno extraordinario o vindeiro xoves 18 de decembro ás 21 horas para a concesión da medalla de ouro ao Gondomar C.F. con motivo do seu centenario como institución deportiva.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL