Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes

Deportes

Abertas as inscricións para vivir 24 horas a todo tenis mesa en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

advincios torneo

As competicións comezarán o sábado 4 de xullo ás 5 da tarde e non se deterán até o domingo ás mesma hora. O evento cumpre a súa décima edición e como todos os anos estará organizado pola Agrupación Deportiva Vincios. Este torneo 24 horas desenvolverase no Pavillón Municipal de Gondomar e haberá tempo para inscribirse ata o vindeiro 1 de xullo.

Marta Pereira Otero do CB Areixa de Nigrán integrará selección de baloncesto de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

marta-pereiraTralo seu paso polos CETIS, primeiro zonais e despois autonómicos, agora chega a súa chamada para a selección. Marta Pereira Otero disputará o campionato de seleccións zonais representando a Vigo o vindeiro sábado 20 de xuño en Xinzo.

O Serra Gondomar amosa boa puntería nas dianas de Carboeiro.

Correo-e Imprimir PDF

11427183 1587931621494350 2629239752430007527 nEsta fin de semana o Serra de Gondomar Club de Arco participou da 5ª Tirada da Liga do bosque no Carboeiro. Unha competencia da que obtivo bos resultados en varias categorías entre as que destaca o 1º lugar en arco con visor para menores de 14 anos de Rubén Rodríguez.

Abre inscricións a proba para masters organziada polo Club Ciclista #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

ccgondomarEstán abertas as inscricións para participar na IV Carreira de Master Concello de Gondomar que terá lugar o vindeiro domingo 21 de xuño. Esta proba por carreteira para maiores de 30 anos está organizada polo Club Ciclista Gondomar. A competencia que ano a ano convoca aos amantes deste deporte terá como punto de saída a Praza da Paradela, fronte á casa consistorial ás 10.30 horas.

O Club Ciclista Rías Baixas viaxa cos seus dous campións galegos a Burgos e a Cantabria

Correo-e Imprimir PDF

campions-galegos-rbaixasAser Estévez e Alejandro Santos, que se proclamaron o pasado domingo campións de Galicia Élite e Sub 23 respectivamente, integran a formación que o Club Ciclista Rías Baixas presentará este fin de semana en Burgos e en Santander. O conxunto dirixido por Marcos Serrano participará o sábado no Gran Premio San Antonio e ao día seguinte no Memorial Santiesteban.

Máis de 100 escolares participaron no torneo de tenis solidario con Desirée Vila en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

torneo tenis desiree gondoA escola de tenis gondomareña chamou a participar do VII Torneo Escolar de Tenis, esta vez co engadido de colaborar economicamente coa campaña de apoio á atleta local Desirée Vila. Anotáronse máis de 120 co xeito de apoiar e participaron próximo a 100 cativos nos xogos desenvolvidos nas instalacións deportivas do Auga de Laxe.

“Mono” Burgos e o ex celtista Gustavo López visitaron Baiona esta fin de semana

Correo-e Imprimir PDF

burgo-lopez-rocamar-1O actual axudante de campo de Cholo Siemeone, German "Mono" Burgos e o actual comentarista de Canal Plus e Carrusel Deportivo, Gustavo Adrián López, visitaron a vila Real durante a pasada fin de semana. Os deportistas arxentinos, actualmente radicados en España, compartiron unha comida no restaurante Rocamar, onde foron tomadas as fotografías xunto co persoal do establecemento.

O Eixo Gondomar acada o podium no seu debut nun campionato galego de patinaxe

Correo-e Imprimir PDF

image-07-06-15-025 - copiaEmpeza con bo pé o grupo do Show do C.D. Eixo Gondomar na súa estrea nun campionato. O sábado 6 de xuño no pavillón municipal das Traviesas celebrouse o Campionato Galego de segunda categoría, onde este grupo participaba por primeira vez e contra todo pronóstico conseguiu alcanzar o terceiro posto na modalidade de grupos show grandes, coa coreografía baseada na película "Avatar".

O Club Ciclista Rías Baixas vai polo título galego no Ézaro

Correo-e Imprimir PDF

rias4Este domingo o trono do ciclismo autonómico poñerase en xogo nas brutais rampas do Mirador de Ézaro. A unha das citas máis importantes da tempada, o Club Ciclista Rías Baixas acude con todo o seu arsenal de corredores da terra. O conxunto que dirixe Marcos Serrano será un dos máis representados na liña de saída e aspira a proclamarse por primeira vez Campión de Galicia de Fondo en Carreteira.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL