Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Cursos de formación online para mulleres no CIM de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

O prazo de inscrición remata o próximo 26 de agostoO Centro de Informacion a Muller da Concelleria de Igualdade do Concello de Gondomar informou onte a oferta formativa on-line que dará comezo a finais deste mes de agosto.

Cursos de Windows e internet, contabilidade, deseño, ofimática  e inglés, serán o abanico de formativo para esta convocatoria.

Este sería o terceiro ano na que o CIM organiza estes cursos baixo esta modalidade de formación en liña, que permite unha maior flexibilidade para o alumnado dos cursos. Ao igual que edicións anteriores os cursos serán gratuítos, de 85 horas de formación cada un, e estarán destinados para mulleres empregadas e desempregadas.

Abertos prazo de inscrición curso de "Creación de Blogs" en OMIX Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

blog_logo_wordpressA Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Gondomar, abriu o prazo de inscrición do curso de "Creación de Blogs", que se celebrará durante o próximo mes de setembro no Centro Neural.

Aberto o prazo de inscrición do curso "Taller de Coiro" organizado pola OMIX en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

cuero_22160A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Gondomar, abriu o prazo de inscrición do "Curso de Coiro", pertencente o Plan de Acción Municipal, que se celebrará durante o próximo mes de setembro e outubro.

Créditos de ata 25.000€ sen aval para emprendedores da provincia a través da Deputación e La Caixa.

Correo-e Imprimir PDF
Rafael Louzán e Ramón Gatell durante a firma do convenio

A Deputación de Pontevedra e Microbank-La Caixa asinaron un convenio para ofrecer microcréditos por un importe máximo de 25.000 euros a emprendedores da provincia. Destinarase en total un millón de euros para financiar proxectos de autoemprego a pequenos empresarios, que -salvo se o titular é persoa xurídica-- non terán que achegar ningún aval, senón contar cun proxecto viable para a súa iniciativa.

Nesta semana a Xunta convocará a nove procesos selectivos para cubrir 116 prazas.

Correo-e Imprimir PDF

Pazo-de-RaxoiInclúen prazas de persoal especializado en distintos ámbitos da Administración autonómica.

Entre os novos funcionarios que asumirán prazas estarán informáticos, arquitectos, enxeñeiros e letrados.

Tamén haberá postos para os subgrupos A1, A2 e C2 dos corpos xerais de acceso libre.

O Programa Clara buscará mellorar a empregabilidade das mulleres baionesas.

Correo-e Imprimir PDF

concello_baionaO Concello de Baiona e o Instituto da Muller asinan un convenio para desenvolver o programa Clara, dirixido a incrementar a empregabilidade das mulleres do municipio durante os anos 2011 e 2012.

O Concello de Gondomar abre curso gratuíto de Office Básico para mulleres desempregadas.

Correo-e Imprimir PDF

mujer_con_pcO Centro de Información a Muller (CIM) de Gondomar a partir do vindeiro  9 de agosto dará comezo un curso (gratuíto) chamado: "OFFICE BÁSICO: WORD E POWER POINT". Este curso (de 30 horas de duración) está destinado preferentemente a mulleres desempregadas e demandantes de emprego, onde se lles proporcionará coñecementos básicos sobre os programas de Word e Power Point.O prazo de inscrición rematará o vindeiro 2 de agosto.

Curso gratuíto de Mulleres en Igualdade para veciñas emprendedoras de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Entrega de diplomas no curso gratuíto de informática 2010 de Mulleres en Igualdade

A organización Mulleres en Igualdade ofrece un curso gratuíto para mulleres emprendedoras, onde se achegará ás alumnas información sobre nóminas, IVA, IRPF, etc, de cara a súa aplicación empresarial. O curso comezará o vindeiro 6 de xullo, e as clases se impartirán mércores e venres de 19:30 a 21:30 horas, nas instalacións da AA VV La Unión de San Pedro. É requisito fundamental ser veciña de Nigrán.

Convocatoria para unha praza de enxeñeiro técnico de Administración Especial no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

edificio_concello_grua_frenteO Concello de Nigrán fixo unha convocatoria para un proceso selectivo para a provisión por oposición libre, dunha praza de enxeñeiro da subescala técnica de Administración Especial. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do 30 de xuño.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL