Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

11.000 mozos e mozas galegas emigran cada ano

Correo-e Imprimir PDF

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, dixo hoxe que "o éxodo de mozos e mozas de Galicia para traballar noutras autonomías constata o estrepitoso fracaso” das políticas económicas do goberno de Feijóo".

Un terzo dos fogares galegos opta polas marcas brancas ou produtos en oferta para enfrontar a crise.

Correo-e Imprimir PDF

marcasbrancasO 31,9% dos fogares galegos cambiaron os seus hábitos de compra nos últimos tres meses e mercaron marcas brancas e produtos en oferta para reducir gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos, segundo a Enquisa conxuntural a fogares correspondente ao cuarto trimestre de 2011.

Débeda Pública: Un veciño de Nigrán debe 3 veces máis que un de Gondomar e 6 máis que un de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF


Banco-de-EspanaO peso da débeda pública municipal nos petos dos veciños miñoranos depende do concello onde habiten. Por exemplo, a cada habitante de Nigrán, lle tocaría un hipotético desembolso de 315,63€ para pagar a débeda municipal que ascende a 5.640.000€ ao 31 de decembro de 2010, segundo datos oficiais do Banco de España e os datos de poboación do INE (2009). Tres veces máis que aos de Gondomar, que na mesma hipóteses deberían desembolsar 102,46€. E case 6 veces superior aos baioneses, que só pagarían 56,11€.

O enxeñeiro Xesús Fernández presentou o sistema de xestión Lean Manufacturing no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

 

IMG 0274O traballador como principal valor da empresa así como a planificación e solidariedade á hora de sacar adiante os proxectos foron os aspectos que o enxeñeiro Xesús Fernández (IEM), salientou durante a presentación do Lean Manufacturing, unha ferramenta na mellora da xestión empresarial.  O faladoiro tivo lugar este xoves 10 na Aula de Cultura Ponte de Rosas, no marco de temas relativos á economía e o traballo desenvolvidos polo IEM neste mes de novembro, que comezara coa TERTULIA do tamén enxeñeiro e economista Ramón Yáñez Brage.

Convocan monitores para actividades deportivas no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

concello-en-obrasO Concello de Nigrán convoca a procesos selectivos para a contratación de persoal laboral temporal: un/ha monitor/a para as actividades deportivas na modalidade de: taekwondo, aeróbic, ximnasia 3ª idade, patinaxe (grupo A), patinaxe (grupo B), ximnasia de mantemento (grupo A), ximnasia de mantemento (grupo B), tai-chi, ioga, tenis (grupo A) e tenis (grupo B).

Convócanse 8 bolsas de formación para actividades no Parlamento Galego.

Correo-e Imprimir PDF

parlemento_galegoA Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión de 20 de setembro de 2011, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas, relacionadas todas coa actividade da institución:

Inscricións abertas para cursos informáticos gratuítos en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

ordenador-portatil-viajes-pequenoO Concello de Nigrán ten abertas inscricións para unha serie de cursos informáticos a impartir no Centro Antena en Panxón. Os mesmos son de carácter gratuíto e terán unha duración de 30 horas. As clases se desenvolverán os luns, mércores e venres de 10 a 13 horas entre os días 3 e 26 do mes de outubro. Os interesados deben dirixirse ao Centro Antena o no CIM, ambos os dous en Panxón.

Curso gratuíto de informática para mulleres desempregadas no Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mujer_con_pcA Concellería de Igualdade e a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Gondomar organiza dende o vindeiro 20 de setembro un curso gratuíto de Office avanzado que inclúe os programas Excel e Access. Terá unha duración de 60 horase está destinado preferentemente a mulleres desempregadas e demandantes de emprego.

Últimas prazas para curso de Auxiliar de Enfermería brindado polo Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

enfermeriaA Concellaría de Formación e Emprego de Gondomar informa sobre a dispoñibilidade das últimas prazas do curso de Auxiliar de Enfermería en Geriatría. O devandito curso está dirixido a persoas desempregadas, cuxo requisito necesario é posuír formación na rama sanitaria.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL