Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Curso de perfeccionamento de informática básica para desempregados en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

ordandor taza boliA Concellería de Promoción Empresarial, Comercio e Emprego do Concello de Nigrán informa que porá en marcha un curso de perfeccionamento de informática básica dirixido a desempregados e desempregadas do municipio. O curso terá lugar entre o 7 e o 30 de maio no Centro Antena (Panxón), os luns, mércores e venres, cunha duración total de 30 horas. Os interesados poderán inscribirse no Centro Antena entre o lúns 23 de abril e o xoves 3 de maio, ambos incluídos.

Convocatoria pública de emprego para 8 prazas de aux. de policía local en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Nigrán convoca 8 prazas de auxiliares de policía local para este verán

O concello de Nigrán publicou o pasado 4 de abril no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria  de oferta de emprego para a selección de 8 prazas de auxiliar de policía local, con carácter de persoal laboral temporal por un período de tres meses, polo procedemento de oposición libre.

O tipo de contrato será laboral temporal por acumulación de tarefas e de 40 horas semanais cunha retribución mensual bruta de 1104,54 euros por tódolos conceptos incluídas as pagas extraordinarias prorrateadas.

Ollo aos correos electrónicos da "suposta" Axencia Tributaria

Correo-e Imprimir PDF

aeat pishingA Axencia Estatal da Administración Tributaria comeza a campaña de declaración do IRPF do ano 2011 e nestes días comezan a cruzarse milleiros de mensaxes de información ao respecto.

A Policía Nacional advirte novamente de novos casos de fraude electrónico coñecidos como "pishing" no que os usuarios reciben correos suplantando a identidade de bancos, caixas, e neste caso da propia Axencia Tributaria.

Agás en Baiona, os datos oficiais do desemprego volven a ser negativos no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Os datos oficias do desemprego para o Val Miñor arroxan novamente datos negativos ao peche das estatísticas o pasado 31 de marzo. Xa son 4.850 os veciños empadroados na bisbarra que perderon a súa fonte de traballo. En números absolutos medra en 34 casos con relación a febreiro. A situación máis grave rexístrase no concello de Gondomar con 1.807 casos que comprometen a situación económica do 18,28% da súa poboación activa. Baiona, por segundo mes consecutivo rexistra un leve descenso con 9 casos menos co respecto a xaneiro, aínda que o paro castiga ao 14,77% da súa poboación en idade de traballar. En Nigrán, o desemprego alcanza a 1.780 persoas, o que equivale ao 14,50% da súa poboación activa.

Sindicatos convocan a unha asemblea informativa no Val Miñor cara a folga xeral do 29 de marzo.

Correo-e Imprimir PDF

folgaxeralAs centrais sindicas CCOO e UGT convocan a unha xuntanza na bisbarra do Val Miñor a fin de informar sobre os contidos e repercusións da actual reforma laboral, así como dos fundamentos da folga xeral a desenvolverse o vindeiro xoves 29 de marzo. Con carácter de asemblea aberta a todo público, a reunión terá lugar este xoves 22 de marzo ás 20:30 horas, no Centro Cultural de Vincios.

As protestas contra o "curraliño" das preferentes encheron de pitos e berros a vila de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Un grupo próximo a vinte veciños da bisbarra do Val Miñor fixeron un novo acto de protesta ás portas na sede en Gondomar de NovaGaliciaBanco, durante a mañá deste luns. Pitos, bucinas e denuncias a toda voz, alertaron aos viandantes que transitaban las principais rúas da vila. Os afectados reclamaron solucións e responsabilidades ás entidades bancarias que lles venderon as participacións preferentes sen alertalos do "curraliño" no que entraban os seus aforros.

Curso en Gondomar para traballadores activos, desempregados ou autónomos da Construción.

Correo-e Imprimir PDF

Casco-Albanil-300x240Están abertas as inscricións para participar dun curso inicial de Prevencións en Riscos Laborais organizado pola Concellaría de Formación e Emprego de Gondomar e a Fundación Laboral da Construción. O mesmo desenvolverase o día 29 de marzo no Centro Neural do concello de Gondomar, en horario de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 h.

A excepción de Baiona, o paro medra no Val Miñor por riba da media provincial e autonómica.

Correo-e Imprimir PDF
Oficina de Emprego do Val MiñorA crise do emprego convértese mes a mes no drama maior das familias e veciños da bisbarra. Febreiro botou 81 persoas máis ao paro, elevando -segundo datos oficiais- a 4.816 o número de desempregados no Val Miñor, alcanzando case o 16% da súa poboación activa . Gondomar segue á cabeza cun total de 1.780 casos, pero Nigrán foi o máis afectado neste mes con 51 despidos laborais. Mentres a media do incremento do desemprego en Galicia foi dun 1,25%, e dun 1,55 na provincia de Pontevedra, en Nigrán alcanzou o 2,97% e en Gondomar o 1,66%. Baiona rexistrou un caso máis con respecto ao mes de xaneiro, situándose moi por de baixo destes promedios.

Baiona xestiona as convalidacións de experiencia laboral para titulacións oficiais de montaxe de tubaxe industrial e hostelería

Correo-e Imprimir PDF

As operacións básicas de restaurante bar terán convalidación - Imaxe: Javi Vte RejasO concello de Baiona pon a disposición das persoas interesadas en solicitar o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou a formación non formal, o asesoramento necesario para tramitar o expediente que lles outorgará a convalidación de título oficial.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL