Luns, 9 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona #Sabarís xa vive a súa “Semana da Arte e o Viño”.

#Sabarís xa vive a súa “Semana da Arte e o Viño”.

Correo-e Imprimir PDF
semana-arte-e-vinho

Como cada primavera, a Asociacións de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (COEMSA) organiza a Semana da Arte e o Viño que rematará o vindeiro domingo 27 de abril coa celebración do tradicional Mercado de Arte na Praza de Abastos.  Para esta edición anúnciase a posta en exposición e venta de máis de 400 pinturas e esculturas obra de 45 artistas. Como preludio do Mercado, durante toda esta semana terán  lugar diversas mostras de obras de arte nos comercios da zona, así como catas de viños en 16 espazos gastronómicos de Sabarís.

O Mercado de Arte  comezará o domingo 27 de abril na Praza de Abastos de Sabarís no horario de 10 a 21 horas. Entre outras actividades terá lugar un obradoiro de pintura co artista plástico Claudio Maseiro a partir das 11:30 horas.