Venres, 22 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Sabarís mobilízase cara a suspender ata despois do verán as obras da Rúa Julian Valverde.

Sabarís mobilízase cara a suspender ata despois do verán as obras da Rúa Julian Valverde.

Correo-e Imprimir PDF

Tres manifestos circulan dende hoxe por todo Sabarís e Baiona pedindo a suspensión das obras de humanización na céntrica rúa Julián Valverde. Os afectados, veciños, comerciantes e usuarios, solicitan ao Concello de Baiona o aprazamento das mesmas ata despois de rematada a estación estival.

 

Os escritos serán presentados de xeito individual ante rexistro do Concello por parte de cada cidadán. Os mesmos poden ser descargados en Facebook na páxina da Asociación de Comerciantes de Sabarís.

A mobilización de veciños e comerciantes intenta impedir unha posible desfeita económica e urbanística durante os meses de maior movemento económico e de persoas na zona. O comezo da primeira etapa de humanización da rúa Julián Valverde, cortaría o corazón da vila dende a rotonda da urbanización da Ponte Romana, ao longo de toda a estrada ata o seu pazo pola Ferretería Cruz Roja.

Os traballos están previstos de comezar nos próximos días polo Concello e Extraco, empresa adxudicataria dos mesmos. Cun investimento de 1.043.104 euros a o prazo de execución está previsto en sete meses.