Venres, 22 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona COEMSA solicitará o aprazamento do inicio das obras en Sabarís para non perxudicar ao comercio e as empresas

COEMSA solicitará o aprazamento do inicio das obras en Sabarís para non perxudicar ao comercio e as empresas

Correo-e Imprimir PDF
Cartel de obra na entrada de Sabarís


O concello de Baiona comunicou onte informalmente a varios representantes de COEMSA, a Asociación de Comerciantes e Empresasarios de Sabarís, o inicio dentro de 10-15 días, das obras de humanización da rúa Julián Valverde, a rúa principal de Sabarís.

COEMSA considera que o peche da rúa e as obras durante todo o período estival, os meses de máis afluencia de turismo, van supoñer un duro varapalo á economía maltreita dos comerciantes e empresas da zona que se atoparán con difucultades e atrancos nos accesos a casas e comercios.

A controversía está servida despois de que o concello de Baiona adxudicase a obra de humanización da rúa principal de Sabarís e comunicase dun xeito extraoficial o inicio das mesmas. Varios representantes de COEMSA reuníronse onte no concello de Baiona ao redor da nova "Mesa de comercio" e alí mesmo recibiron a nova do inicio das obras de xeito inmediato en Sabarís. O alcalde baionés así llo comunicou, sen atender aos razonamentos de COEMSA sobre o erro que supuña iniciar unhas obras que durarían toda a tempada estival, a tempada de maior actividade económica na zona. O alcalde xustificou a decisión por un tema de prazos do propio orzamento que é de 7 meses.

Os representantes de COEMSA preguntaron sobre posiblidade de poder aprazar as obras ata despois do verán, ao que según manifestan o alcalde respondeu "que no iba a seguir manteniendo aquella conversación con nosotros, y que si queríamos bien y que si no, también". COEMSA sinala que o alcalde defendou a súa xestión para conseguir que se invirtan 1 millón de euros nas obras de urbanización de Sabarís en plena crise, e menifestou a súa decisión de que as obras se ían facer "si o si" . Así mesmo o rexedor baionés manifestou que a participación de COEMSA na Comisión de seguimento das obras estará supeditada "á súa colaboración".

COEMSA manifesta a súa sorpresa polo xeito "informal" da comunicación, dado que nin empresarios nin veciños foron advertidos do inicio das obras,  pese á trascendencia económica e molestias que van supoñer.

O mercadillo de Sabarís

Comerciantes do mercadillo de Sabarís informaron onte de que varios axentes da policía local comunicáronlle que a próxima semán recibirán instruccións para trasladar a instalación dos seus postos na feira a outro lugar de Sabarís, presumiblemente á zona do cemiterio, onde se celebraría o tradicional mercado durante o tempo que duren as obras. Os comerciantes de Sabarís considera que este é un segundo "golpe económico" para as súas empresas xa que a actividade propia do mercado os luns era outra fonte de ingresos semanais que perderán na época de maior actividade turística.

Contencioso administrativo contra as obras de humanización

Os comerciantes de Baiona teñen admitido a trámite un contencioso adminsitrativo contra o concello de Biaona polas obras de humanización detes tramo da rúa Julián Valverde. Os comerciantes denuncian a falta de información por parte do concello desta obra "crucial" para Sabarís, que sin estar en contra dela, sí critican a falta de transparencia e consenso por parte do concello.

O proxecto non estivo a exposición pública en Baiona. Os comerciantes tiveron que acudir a Santiago de Compostela para recabar información do proxecto e poder así presentar as súas alegacións ao mesmo. O concello xustificou que a obra non precisaba exposición pública por tratarse dunha obra "menor", pese que a obra ten un orzamento de 1millón de euros e supoñen todas as tarefas propias de urbanización (pavimentación, saneamento, alumeado, mobiliriaro urbán). 

Os comerciantes protestan pola falta de previsión, no proxecto, da apertura de viais transversais e a creación de bolsas de aparcamento nos terreos públicos sen ocupar que quedan entre a estrada pola costa e a primeira liña de casas de Sabarís. O alcalde menifestoulles onte que esas cousas "se irían vendo durante a marcha das obras". Ainda así COEMSA seguirá adiante co contencioso e solicitará o aprazamento das obras ata que se resolva a situación e se chegue a un punto de consenso entre todas as partes.