Martes, 5 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Os comerciantes de Sabarís decláranse en loito oficial: "Sin el mercado nos morimos".

Os comerciantes de Sabarís decláranse en loito oficial: "Sin el mercado nos morimos".

Correo-e Imprimir PDF
rua-julian-valverde-sabaris

"Sin el mercado nos morimos", berra un cartel feito pola Comisión de comerciantes e empresarios de Sabarís (COEMSA) que dende esta mañá está a circular nas redes, a través de correos electrónicos e nos escaparates dos negocios e vivendas da zona. Os afectados informan que a Rúa Julian Valverde "es ya de un solo sentido y con el tramo desde la rotonda de Puente Románico al Callejon del Herrero sin poder parar o aparcar".

Presidido dun crespón negro, o devandito cartel informa que despois de séculos de historia e tradición o Mercado de Sabaris "se ve desubicado y sin garantías de que vuelva a su lugar habitual". Os comerciantes advirten que existen alternativas viables que se ten presentadas ante a empresa Extranco (adxudicataria das obras de humanización na rúa), a través do rexistro do Concello de Baiona e persoalmente en mans do alcalde Jesús Vázquez Almuíña.

COEMSA denuncia que as devanditas propostas foron tratadas con indiferenza polas autoridades municipais e convocan á cidadanía a presentarse o vindeiro xoves 7 de xuño ante o Concello de Baiona, durante a celebración do Pleno Municipal. Ase mesmo, o vindeiro luns 12 de xuño, se concentrarán na Praza de Abastos de Sabarís e convocan aos viandantes "para mostrar con nosotros la tristeza, duelo e indignación".