Venres, 13 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Economía Coloquio sobre planificación de PEMES en Sabarís.

Coloquio sobre planificación de PEMES en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF
contabilidad

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de Sabarís (Coemsa) organiza, mañá día 10 de maio, ás 20:30 horas unha charla sobre Protección e Planificación do Patrimonio do Empresario Familiar en Tempos de Crises. A charla correrá a cargo de Luís Granda, socio fundador de ACCINT, despacho de economistas e avogados galego especializado en asesoramento e consultoría de medianas e pequenas empresas. A xuntanza desenvolverase no Mercado da Tía NI, na Avenida Julián Valverde, Nº 36.

 

Segundo o adiantado polos organizadores, o faladoiro de Luís Granda abordará o tema da necesidade de planificar no eido das PEMEs, co obxectivo de protexer o seu patrimonio de potencias riscos financeiros e burocráticos no desenvolvemento da xestión empresarial.

Luís Granda tamén incidirá no relatorio sobre a importancia do Protocolo Familiar ao que define como a ferramenta que regula as relacións dunha empresa cos distintos membros da familia, tanto cos actuais como cos futuros, de tal forma que os avatares da mesma "non afecten á empresa, e os avatares da empresa non afecten á familia."

O relatorio contará cunha quenda de preguntas para que os participantes poidan dialogar co esperto.