Sábado, 7 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Polémica recolocación das paradas de autobús de Sabarís nas rotondas Santos Peralba e Praia Ladeira.

Polémica recolocación das paradas de autobús de Sabarís nas rotondas Santos Peralba e Praia Ladeira.

Correo-e Imprimir PDF
santos-peralba-1
santos-peralba-2
rotonda-ladeira
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

A colocación de paradas de autobuses nas rotondas de Sabarís ingresan un novo ingrediente ás xa polémicas obras de humanización na vila. Ante o desvío do percorrido dos autobuses da Rúa Julián Valverde cara a Avenida Foz do Miñor, o Concello de Baiona dispuxo dúas na contorna da praza Santos Peralba e outras tantas na rotonda de acceso á Praia Ladeira. Ambos os dous enclaves atopados en lugares de moito tráfico vehicular e peonil onde o estacionamento de autobuses pode xerar graves inconvenientes nas horas de maior circulación.

 

Para a concelleira Isabel Domínguez Quintas (PSOE), trátase dunha medida que incumpre as normativas de tráfico e "atacan o sentido común". A edil opositora ao goberno do popular Jesús Vázquez Almuíña, sostivo que colocar paradas de autobús nas glorietas "é unha barbaridade e un perigo" que pode levar de non modificarse, a ter que "lamentar desgrazas", pois bastantes accidentes "hai xa nas glorietas".

En cada unha das rotondas, o goberno municipal colocou paradas en ambos sentidos da circulación Baiona - Vigo. No caso específico da praza Santos Peralba, que da acceso a vila de Sabarís dende Baiona, a parada cara a Vigo atópase practicamente enriba do portal da única finca con saída á mesma.

Isabel Domínguez cuestionou a decisión do equipo de goberno municipal: "Alcalde e seis concelleiros de goberno cobrando moi bos salarios. Persoal de confianza e asesores pagados polos cidadáns para que axuden a realizar as tarefas de goberno, e entre todos non son capaces de discorrer os suficiente como para ver que unha parada de autobús non pode estar nunha glorieta", afirmou.