Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

ANOVA Val Miñor mobilízase no parlamento galego e esixe á Xunta que se pronuncie co respecto á minería a ceo aberto na Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

Burato-dos-Mouros-01-ANOVA anuncia que apoiará as mobilizacións en Pinzás (Tomiño) e mais en Santiago de Compostela contra explotacións mineiras indiscriminadas
-ANOVA a través do grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou unha consulta á Xunta de Galicia na que inquire sobre a política que pensa seguir ante a pretensión da multinacional Medgold Resources Copr. Lda., de explotar a ceo aberto varias cuadrículas mineiras na serra da Groba, coa posible destrución e contaminación de grandes extensións deste enclave natural.

A falla do permiso da Xunta ten en vilo ao histórico curro de Torroña a 72 horas da súa celebración.

Correo-e Imprimir PDF

cabalos ceibesOs gandeiros ten todo pronto para a celebración do curro de Torroña na súa data histórica do primeiro sábado de xuño. Nembargante, a Xunta de Galicia non achegou aínda o permiso necesario para que a tradicional rapa das bestas na serra da Groba poda desenvolverse. O problema radica novamente na falta do microchip nestes cabalos ceibes que habitan nas terras do Val Miñor a causa da inviabilidade económica da súa instrumentación, segundo ven denunciando as asociacións de gandeiros da zona dende a elaboración da nova Lei Equina.

A coordinadora de docentes do Val Miñor rexeita a nova lei de ensino (LOMCE) cun novo Venres Negro.

Correo-e Imprimir PDF

marea auga laxe-musicos- A Coordinadora de Centros de Ensino do Val Miñor que representa á práctica totalidade dos centros públicos da comarca, emitiu un comunicado público de rexeitamento ante a aprobación do proxecto de Lei da LOMCE no Consello de Ministros.

Outro Venres Negros celebrouse esta mañá nos 18 centros de ensino do Val Miñor agrupados na Coordinadora de Centros. Vestidos de negro, como xa o están a facer dende comezos de anos, os docentes de primaria -a primeiras horas- e os de secundaria no recreo das 12 horas, manifestáronse aos portas dos colexios e institutos portando carteis contra a LOMCE e os recortes orzamentarios.

Os alcaldes do Val Miñor aseguran que os PXOMs da bisbarra estarán aprobados no primeiro trimestre de 2014.

Correo-e Imprimir PDF

 

-A directiva de OVALMI informa que obtivo un compromiso unánime dos alcaldes do Val Miñor para ter aprobados os respectivos PXOMs no primeiro trimestre de 2014.

Membros da directiva da Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI) mantiveron os habituais encontros cos respectivos alcaldes para trasladar algúns dos problemas que afectan ao sector. Nomeadamente, o colectivo empresarial manifestouse interesarso polo estado de tramitación dos PXOM, e brindarse para colaboración en proxectos dinamizadores da economía da comarca.

O PSOE impugnará o pleno da mancomunidade por impedir o acceso á súa concelleira

Correo-e Imprimir PDF

Loli Araújo, concelleira socialista de NigránOs concelleiros da oposición de Nigrán, Xabier Rodríguez (BNG) e Dolores Araújo (PSOE) non puideron acceder ao pleno ordinario da Mancomunidade do Val Miñor ante o cordón policial formado diante da porta do concello de Baiona que segundo denuncian, se negaron a identificalos para permitirlles o paso.

O PSOE impugnará o pleno da mancomunidade do Val Miñor anto o que consideran un actitude "antidemocrática".

O PP rexeita unha vez máis no Parlamento de Galicia a figura de parque natural para a Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

galineiro-botellaNaufraga na Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia unha proposta da deputada do BNG, Carmen Adán na que solicitaba a figura de parque natural para a serra do Galiñeiro, así como a anulación do proxecto eólico e a posibilidade de realizar catas mineiras no enclave. Santiago Freire foi o encargado en nome do PP de fundamentar a negativa á iniciativa nacionalista (que contaba co apoio do resto da oposición), sinalando que "Non podemos aceptar o emprego do procedemento de declaración dun parque natural como ferramenta para frear iniciativas que xa dispoñen de regulación suficientemente garantista no terreo ambiental".

Beatriz Mato salienta o “importante esforzo” que en materia social fixo a Xunta no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

 

mato-alcaldes-minhorA conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato opina que o goberno da Xunta fixo un “importante esforzo” durante o 2012 coa achega de 165 mil euros para os servizos de axuda no fogar para persoas dependentes dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán. Segundo a titular do departamento autonómico, tamén se prestou atención a 85 persoas a través dos programas de asistencia social Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) e as Axudas de emerxencia social (AES).

IV Andaina pola defensa da serra: “Amor para defender beleza. Todos xuntos para defender O Galiñeiro”.

Correo-e Imprimir PDF

 

iv-andaina-ciclistaBaixo o lema Minas! Para que(n)? celebrouse o pasado domingo unha multitudinaria andaina polas cumes da serra do Galiñeiro, na que milleiros de cidadáns reclamaron preservar o enclave como espazo natural, libre de parques eólicos e explotacións mineiras. A previsión orixinal de 1.500 participantes foi totalmente superada, o que supuxo un grande esforzo para os voluntarios apostados ao longo do sendeiro de 10 km que percorreuse con persoas de todas as idades.

Grupo marroquí hackea a web da Facultade de Económicas da Universidade de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

web cuvi

-Actualización 18 h: O ataque cibernético tamén afecta aos portais da Facultade e Dereito e a de Telecomunicacións da Universidade de Vigo.

O portal da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da Universidade de Vigo é obxecto dun atentado hacker por parte dun autodenominado Moroccan Hackers PRO. A páxina de incio reproduce o himno nacional de Marrocos e inclúe símbolos da organización xunto cun texto reivindicativo sobre a soberanía do devandito país sobre os territorios do Sahara, e as cidades de Ceuta e Melilla.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL