Xoves, 21 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor A falla do permiso da Xunta ten en vilo ao histórico curro de Torroña a 72 horas da súa celebración.

A falla do permiso da Xunta ten en vilo ao histórico curro de Torroña a 72 horas da súa celebración.

Correo-e Imprimir PDF
cabalos ceibes

Os gandeiros ten todo pronto para a celebración do curro de Torroña na súa data histórica do primeiro sábado de xuño. Nembargante, a Xunta de Galicia non achegou aínda o permiso necesario para que a tradicional rapa das bestas na serra da Groba poda desenvolverse. O problema radica novamente na falta do microchip nestes cabalos ceibes que habitan nas terras do Val Miñor a causa da inviabilidade económica da súa instrumentación, segundo ven denunciando as asociacións de gandeiros da zona dende a elaboración da nova Lei Equina.

Nese senso, os gandeiros da bisbarra ten presentado un proxecto á Consellería de Medio Rural, no que solicitan autorización para manter as marcas tradicionais como sistema de identificación dos animais, acompañadas dos respectivos libros de rexistro e seguros, o que permitirían cumprir os mesmos obxectivos buscados pola actual normativa, mais nun contexto viable economicamente para un gando ceibe que más cunha actividade económica, representa unha tradición etnográfica e cultural milenaria neste lugar do país.
"Entre os propietarios dos cabalos e a xente en xeral, hai unha grande inquedanza, desánimo e temos detectado unha desafección que está levando a vender as burras ao mellor postor, e incluso regalándoas para desfacerse delas", sinalaban onte dende a Asociación SOS Groba. O colectivo que ven acompañando a defensa dos curros na bisbarra, sinala que "Xa poidemos ver no pasado curro da Valga como só entraron 190 animais, cando non baixaba de catrocentos. Hai zonas da serra da Groba na que xa resulta difícil ver burras. Foron retiradas polos seus propietarios que as venderon ou regalaron. Esa gran perda de animais, sendo unha gran perda, aínda estamos a tempo de parala si a Xunta de Galicia está disposta a consensuar medidas que poidan animar á xente a seguir con esta tradición milenaria que, por outra banda tanto gaban dende fóra e que se está a publicitar estes días en Madrid coa promoción do curro de Sabucedo e a súa festa da Rapa das Bestas. Os compañeiros de Sabucedo tamén están, igual que estamos nós, a espera dunha resposta da Xunta para buscar solucións."