Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Domingo 8 de xullo: Marcha cabalar e a pé en Vigo pola defensa dos cabalos do monte e os curros.

Domingo 8 de xullo: Marcha cabalar e a pé en Vigo pola defensa dos cabalos do monte e os curros.

Correo-e Imprimir PDF
non ao_microchip

Tódalas asociacións tradicionais, culturais e socias vencelladas á protección dos cabalos do monte e ás festas dos curros emprenderán unha marcha a pé e cabalar polas rúas de Vigo o vindeiro domingo 8 de xuño a partir das 11:30 horas. O punto de concentración será en Castrelos e marcharase ata a Praza España e volta a Castrelos. As asociacións convocantes pregan a tódalas persoas sensibilizadas con estas tradicións do país a sumarse á marcha reivindicativa contra o Decreto Equino aprobado o pasado 14 de xuño pola Xunta de Galicia, que pon en serio perigo a supervivencia dos cabalos ceibes.

 

As asociacións e colectivos da zona da Serra do Galiñeiro farán unha concentración previa ás 10:30 horas en Vincios, para dende alí marchar cara a Vigo.