Venres, 22 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Ten razón...pero marche preso. A UE arquiva o recurso dos gandeiros d'A Groba contra o Microchip.

Ten razón...pero marche preso. A UE arquiva o recurso dos gandeiros d'A Groba contra o Microchip.

Correo-e Imprimir PDF
manifestacion-Baiona

A Dirección Xeral de Saúde e Consumidores da Unión Europea entendeu que instrumentación das marcas tradicionais como alternativa á implantación dun microhcip aos cabalos ceibes de Galicia é unha potestade mais non un deber da Xunta de Galicia. Nunha resolución emitida o pasado 30 de maio, a UE acepta que o tipo de rexistro tradicional que defenden os gandeiros d'A Groba é valido, pero arquivará un reclamo presentado por estes ante o organismo, por entender que a solución do conflito é competencia das autoridades nacionais ou rexionais dos Estados membros da Unión.

 

A resolución foi adoptada logo de que a Comisión recibira un informe da Consellaría de Medio Rural onde se afirmaba que os cabalos ocasionan "frecuentes problemas nas zonas limítrofes aos montes", invaden zonas de cultivos e ocasionan "accidentes de tráfico en carreteiras comarcais". Medio Rural estimou en 14 mil os cabalos que viven nese réxime e se ben cualificoulles como "un importante patrimonio de Galicia", defendeu a implantación do microchip por razoes "de interese xeral".

Pola súa banda, os gandeiros mantén que a Xunta non acepta as marcas tradicionais e os seguros que obrigatoriamente debe pagar cada propietario, exclusivamente co fin de recadar a través da venda e xestión do microchip. Un aparello que ten un valor igual ou superior ao do propio cabalo, estimado nuns 40 euros.

Outra fin de semana sen curros e manifestación para o 10 de xuño.

En protesta pola intransixencia da Xunta, a Asociación de Gandeiros de Cabalo do Monte d'A Groba volverá a concentrarse este domingo no curro de Torroña. Día no que o calendario marcaba unha nova xornada da tradicional rapa das bestas, que como hai unhas semanas atrás, volverá a suspenderse.

Cara a vindeira semana, será o de Mougás o curro tradicional que tampouco se desenvolverá. No seu lugar, os gandeiros preparan unha gran manifestación cabalar e a pé por Baiona.