Luns, 18 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Pachi Vázquez reúnese en Gondomar coas asociacións de curros do Val Miñor .

Pachi Vázquez reúnese en Gondomar coas asociacións de curros do Val Miñor .

Correo-e Imprimir PDF
pachi-vazquez

Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdeG-PSOE, reunirase esta tarde, ás 19:30 horas, coas asociacións de gandeiros e cabalos de monte do Val Miñor para tratar a problemática do microchip, así como a situación dos curros da bisbarra. A xuntanza terá lugar no Centro Neural de Gondomar ás 19:30 horas.

 

Segundo informou esta mañá a Valminor.info Paco Ferreira, portavoz dos socialistas de Gondomar, á reunión asistirán representantes dos curros e asociacións de cabalos da Serra do Galiñeiro, A Groba, Mougás, San Cibrán, d'A Valga, Torroña e Morgadáns.