Domingo, 17 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Medio Rural subvencionará ata o 60% do custe do microchip de identificación equina no 2012.

Medio Rural subvencionará ata o 60% do custe do microchip de identificación equina no 2012.

Correo-e Imprimir PDF
poldros en_curro

Ata 24 euros por cabalo pagará a Xunta de Galicia nas axudas 2012 para a compra e instalación dos microchip  de identificación equina. O contía responde ao 60% do valor estimado por Medio Rural, como custe máximo do transmisor, uns 40 euros, IVE incluído. Os propietarios de gando cabalar terán que pagar previamente do seu peto aos veterinarios o total ou a parte non subvencionada do microchip, e logo competir para a obtención da axuda.

 

A axuda consistirá nun importe "anual a prezo global, temporal e decrecente". O importe de axuda foi do 90% dos custos no primeiro ano de xestión da axuda, decreceu ao 75% no ano 2011, pasando a ser do 60% para esta convocatoria e decrecendo ao 40% o último ano de convocatoria da axuda . A contía máxima da axuda poderá alcanzar 10.000 euros por explotación ata o ano 2013. O IVE non é subvencionable.

Os colectivos ou propietarios individuais que desexen participar no chamado terán tres meses a partir de hoxe, para acreditar a documentación e requisitos estipulados na norma, e así ter dereito a competir polas axudas. No 2012, a administración autonómica ten previsto un orzamento próximo aos 98.000 euros, que poderán "incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da comunidade autónoma", segundo a orde publicada pola Consellaría de Medio Rural con data 5 de xaneiro de 2012.

O financiamento das axudas estará a cargo da Xunta de Galicia, o Fondo Feader e o Ministerio de Medio Ambiente.