Mércores, 13 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor En 5 anos a presenza de cabalos ceibes na Groba podería reducirse a un grupo testemuñal.

En 5 anos a presenza de cabalos ceibes na Groba podería reducirse a un grupo testemuñal.

Correo-e Imprimir PDF
Modesto Domínguez e Javier Álvarez en representación dos propietarios de cabalos da Groba convocan á manifestación do 12 de outubro en Baiona.

En 5 anos o patrimonio cabalar ceibe da Groba quedaría nun grupo testemuñal de manterse a actual dinámica de venda de exemplares a prezos irrisorios. Logo da tempada de curros no pasado verán, os propietarios viron como as mellores eguas e poldros saín cara aos matadoiros de Portugal e outros puntos de España por menos de 40€. A clave do problema, segundo denuncia a Asociación de Cabalos do Monte da Groba, está nos custes de mantemento, agravados pola actual normativa de Xunta de Galicia que os obriga a colocar un microchip identificatorio próximo aos 30€. Por iso o colectivo convocou esta mañá a unha manifestación cabalar e a pé para o vindeiro mércores 12 de outubro no Concello de Baiona.

O presidente, Modesto Domínguez e o secretario, Javier Álvarez da Asociación de Cabalos do Monte da Groba falaron da negativa da Xunta ante as peticións da súa asociación para que se aplique a excepcionalidade, tal como permite a U.E., na obriga de identificar os cabalos do monte cun microchip. Esta obriga, informan, está a facer que os propietarios de cabalos do monte se desfagan deles por non poder manter os custos do seguro e o microchip. Informaron da presentación dunha denuncia ante a U. E. posto que a lei permite a identificación coas marcas tradicionais e a Xunta de Galicia contestoulles reiteradamente que non, "que hai que identificar exclusivamente co microchip, a pesares de que iso supoña a paulatina desaparición dos cabalos do monte". Feito comprobado na Groba, sinalaron, xa que este verán nos distintos curros vendéronse polo menos o 10% dos cabalos que entraron en total. De seguir con esa dinámica, alertaron, en 5 anos quedaría reducido todo o patrimonio cabalar da Groba a un grupo testemuñal de animais, que por outra parte estaría sen identificar e sen control, pois os propietarios non van a facerse cargo do custos que hoxe soportan do seguro e do pretendido engadido microchip. Desaparecerían a asociación, o control polas marcas tradicionais e os curros, afirmaron .

O convocantes esperan moita afluencia des cabalistas de todo o sur da provincia, os que veñen confirmando a súa asistencia á manifestación. Tamén solicitan a asistencia a pé ou a cabalo de tódolos que estean sensibilizados co tema pois, reiteran, "é un patrimonio Natural e Cultural que está en perigo de desaparecer si non se remedia a tempo." O percorrido terá lugar o próximo día 12 de outubro, día do Pilar, ás 12 horas dende o Camping da Ladeira e ata Virxe da Rocha, pasando pola fronte marítima de Baiona.