Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O Val Miñor queda sen o tradicional curro da mosca de Mougás polo conflito do microchip e o decreto equino.

O Val Miñor queda sen o tradicional curro da mosca de Mougás polo conflito do microchip e o decreto equino.

Correo-e Imprimir PDF
curro torronha

-As asociacións de curros da bisbarra, agás o da Valga, anuncian tamén a suspensión dos de San Cibrán, Morgadáns e o Galiñeiro.

As asociacións de curros do Val Miñor néganse a celebrar "os curros da mosca" mentres non se atope unha solución definitiva ao problema do decreto equino da Xunta de Galicia. Norma que entre outras cousas obriga a colocar un microchip a cada animal. Os responsables dos garranos ou burras do monte que habitan as serras da Groba e O Galiñeiro, están á espera dunha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que os libere definitivamente do cumprimento deste decreto equino, e da obriga do microchip, por considerarllo inefectivo á vez que inviable economicamente.
Aínda que o TSXG ditou unha suspensión cautelar da obriga tras unha denuncia conxunta de varias asociacións da provincia de Pontevedra, a medida non é considerada como suficiente e xa o pasado domingo tivo lugar a suspensión do curro de Torroña.
Ante un presumible aprazamento do pronunciamento do TSXG para despois do verán, as asociacións de curros entenden que á suspensión deste domingo en Mougás, a seguirán nas próximas semanas os de San Cibrán, Morgadáns e O Galiñeiro.
O único curro que de momento anuncia a súa celebración é o da Valga, que decidiu non seguir a medida asumida polo resto das asociacións miñorás. O curro da Valga terá lugar o vindeiro xoves 15 de agosto.