Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Buscan a María Piñeiro de 13 anos, desaparecida esta madrugada en #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Atópase desaparecida dende esta madrugada a nena María Piñeiro de 13 anos veciña de Priegue, Nigrán. Segundo datos aportados pola súa familia viste pantalóns e sudadera negra e portaba unha mochila cor azul marca Adidas. Pídese a colaboración cidadá para aportar calquera dato que permita a súa localización chamando aos teléfonos: 680449762, 606713520 e 693600450 ou memos na Policía Local e Garda Civil.

A familia decatouse da súa ausencia a primeiras horas da mañá e témese que un problema co seu expediente académico, fose o que determinase a súa decisión de marchar da casa. A Garda Civil está a desenvolver un operativo na súa procura pola zona.

Alerta por estafas no rural cos contadores da luz

Correo-e Imprimir PDF

Novos contadores electrícosNon se trata do tarifazo da luz pactado por electrícas e goberno, a estafa viría ante a confusión xerada polo goberno sobre a obriga de cambiar os contadores analóxicos a os contadores dixitais, medida que dende varias asociacións de consumidores consideran como outra medida de gasto das tantas do sector.

Varios municipios avisan aos seus veciños dun timo baseado nun falso cambio dos aparellos que miden o consumo. Xa hai polo menos dous detidos.

Baiona xa rexistrou varios casos ainda que non existe un comunicado oficial dende o concello.

O PP carga 4.352 euros de gastos xudiciais á Mancomunidade do Val Miñor, logo de perder o xuízo por impedir a entrada de dous concelleiros ao pleno.

Correo-e Imprimir PDF

O PP leva carga os gastos de avogado ás contas da MancomunidadeO PP leva ao pleno da mancomunidade o pago dunha factura de 3300 euros da defensa xurídica polo contencioso perdido contra a concelleira do PSOE de Nigrán , Loli Araújo, que denunciou a vulneración dos seus dereitos logo de que o presidente de quenda lles denegase o acceso ao pleno do que formaba parte.

O importe final do gasto xerado pola decisión do alcalde Nigrán supuxo para as arcas públicas un gasto total de 4.352,27€, sumando gastos de avogado, procurador e a condena de 400€ de costas xudiciais ditados na sentenza.


Os feitos tiveron como consecuencia a anulación dos acordos do pleno, entre eles os orzamentos do ente supramunicipal.

Que hai detrás dos bens do presidente da Deputación de Pontevedra

Correo-e Imprimir PDF

Louzán, Feijoo e Rajoy na inauguración de La Vuelta 2013Hai uns días o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, comparecía ante o fiscal de delitos económicos. Tiña que dar conta dunha denuncia referida a tres locais situados en Vigo da súa propiedade. Os tres baixos están alugados a Severino Reguera Varela, concelleiro de Pazos de Borbén (PP) e tamén deputado provincial.

Activismo solidario no #Val Miñor a prol da defensa dos DDHH das poboacións saharauis ocupadas por Marrocos.

Correo-e Imprimir PDF

sosgap-viaxe-sahara-O próximo sábado día 15 de marzo terá lugar unha marcha dende Padrón a Santiago, coincidindo coas manifestacións pacíficas que cada día 15 se celebran na cidade ocupada do Aiún.
-No Val Miñor se prepara unha cea benéfica e solidaria para subvencionar o programa "Vacacións en Paz " o vindeiro 5 de abril ao prezo de 20 euros por persoa no restaurante CASA MOISES de Valadares ao carón da pasaxe de Vincios

A Xunta advirte que “non hai marcha atrás” na aplicación do Plan de Transporte Metropolitano.

Correo-e Imprimir PDF

Medio Ambiente remitirá mañá aos concellos da área de Vigo a proposta de convenio de adhesión ao Plan de transporte metropolitano-Medio Ambiente remitirá mañá aos concellos da área de Vigo a proposta de convenio de adhesión ao Plan de transporte metropolitano
-O Plan que Mobilidade que afecta a todo o Val Miñor "non ten marcha atrás" segundo comunicou este luns o conselleiro Agustín Hernández ao alcalde de Redondela, Javier Bas.
A Xunta de Galicia remitirá mañá aos concellos da área de Vigo a proposta de convenio para a súa adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano, así como unha estimación do custo económico que suporá a súa incorporación a este programa. A decisión ten por obxectivo que as administracións locais inicien os trámites necesarios para poder poñer en marcha o plan a partires do vindeiro ano.

As bibliotecas municipais de #Nigrán e #Baiona no alto do ranking dos catálogos máis consultados en rede.

Correo-e Imprimir PDF

biblioteca-nigran-Con máis de 800 mil consultas ao seu catálogo a Biblioteca Municipal de Nigrán colócase no 3º lugar na listaxe de entidades da Rede de Bibliotecas de Galicia (MEIGA), a decembro de 2013.
-Baiona pecha a lista das 10 bibliotecas públicas municipais con fondos en liña máis consultadas.

#ViolenciaDeXénero Concentración comarcal de repulsa polo asasinato de María Luisa Jiménez Jiménez

Correo-e Imprimir PDF

-A Coordinadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres convoca a unha concentración de repulsa polo asasinato de María Luisa Jiménez Jiménez o vindeiro venres 28 de febreiro ás 20 horas no MARCO de Vigo.
María Luisa, de 37 anos, nai de 6 fillos e embarazada, foi asasinada polo seu compañeiro este domingo. "Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas", denuncian desde a Coordinadora da Marcha Mundial das Mulleres.
As convocantes salientan o seu propósito de "que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de María Luisa e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo".

Por un ensino público, laico e democrático centos de manifestantes encheron as pontes da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

1623694 690192241032553 2098533213 nA "vella" e a "nova" quedaron pequenas para albergar aos centos de manifestantes que este sábado saíron cara á Ramallosa para repudiar a reforma educativa LOMCE e reivindicar o dereito a un ensino público, laico e democrático. A Coordinadora de Centros de Ensino do Val Miñor que representa á práctica totalidade dos centros públicos da comarca, desenvolveu "A marea das palabras", nas pontes da Ramallosa no que foi a terceira gran manifestación pública nos últimos meses, tralas convocatorias dunha Marea Negra en San Campio e a Cadea humana en Praia América.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL