Sábado, 13 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Preto de 3000 concellos recorren a reforma local do PP ante o Tribunal Constitucional.

Correo-e Imprimir PDF

reforma local firmasPreto de 3000 concellos de todo o Estado presentaron hoxe un ante o Tribunal Constitucional (TC) un recurso contra a reforma local impulsada polo goberno de Mariano Rajoy. O O alcalde de Vigo e Vicepresidente da FEMP, Abel Caballero encabezou a comitiva que entregou ao tribunal 80 caixas cos acordos alcanzados nos plenos deses concellos e que forman parte do recurso de inconstitucionalidade contra a reforma.

Vigo-A Guarda: O carril-bici que non é tal

Correo-e Imprimir PDF

frontonO pasado sábado oito ciclistas foron atropelados por unha furgoneta en Oia, na estrada PO-325. Un deles continúa na UCI e Aída Valiño, campiona de España de triatlón, necesitará ser operada. Os outros seis xa están fóra do hospital, aínda que algún despois de recibir corenta puntos nas súas feridas. Foi unha moi mala fin de semana para os e as ciclistas e cicloturistas en toda España: ademais do grave accidente de Oia, dous afeccionados ás dúas rodas morreron en Navarra e outro en Guadalajara, e o número total de falecidos no Estado no que vai de ano chega xa a 25.

Pediatras do Val Miñor súmanse ao pedido de retirar as bandexas plásticas dos comedores escolares.

Correo-e Imprimir PDF

bandeja inox plasticoO colectivo de profesionais sanitarios relacionados coa saúde infantil nos tres concellos do Val Miñor pronúncianse a prol de retirar as bandexas plásticas dos comedores escolares da bisbarra. Médicos pediatras, enfermeiras pediátricas e comadroas emitiron un comunicado este xoves ,“de acordo á responsabilidade inherente ao seu cargo” no que recomendan ás autoridades locais e empresas involucradas nos servizos de catering, aplicar o principio de precaución ante os informes desfavorable que a súa utilización ten acadado en informes da Organización Mundial da Saúde (OMS). O escrito ben a fornecer o reclamo iniciado por un grupo de nais e pais do CEIP Souto Donas a principios de abril e que agora atópase a estudo das ANPAS da bisbarra.

O primeiro “Círculo Podemos” da bisbarra do Val Miñor se constituirá en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

pablo iglesiasA pesar que acadou 1.397 votos no Val Miñor nas últimas eleccións europeas, a formación política "Podemos", de Pablo Iglesias, non tiña unha agrupación formalmente constituída na bisbarra. Co pulo de colocarse como carta forza electoral nos tres concellos miñoranos, agora xa circula nas redes unha convocatoria para conformar a primeira no concello de Nigrán. Será o vindeiro sábado 7 de xuño ás 18 horas nunha asemblea nos salóns do hotel Sotomayor (Rúa Rosalía de Castro, 7-9). Se ben o convite titúlase "Presentación Podemos Nigrán", en contacto con VM.info, matizouse que a idea é desenvolver unha primeira asemblea onde informar das bases de organización do "círculos" e evolucionar na conformación do grupo en outras vindeiras, "como se ten feito noutros municipios".

O Val Miñor berrou co resto de Galicia dende as rúas a prol dunha nova República.

Correo-e Imprimir PDF

ramallosa-3Milleiros de cidadáns en Vigo e máis dun centenar na Ramallosa  centraron as mobilizacións en  reclamo dunha nova República que motivaron a participación dos miñoranos. A partir das 20 horas deste venres e tras unha rápida convocatoria espallada nas redes, xuntáronse na contorna da Ramallosa, punto simbólico de encontro dos tres concellos do Val Miñor. Por outra banda, outro continxente de veciños da bisbarra decidiuse por formar parte das concentracións da cidade olívica.

Concentración cidadán do Val Miñor ás 20 horas na Ramallosa para reclamar a República.

Correo-e Imprimir PDF

rep2 1BNG, Anova, EU, A Esquerda, a Xunta Repúblicana e outras entidades chamaron á mobilización este luns para preclamar unha República tras a decisión do actual monarca español, Juan Carlos de Borbón de abdicar da coroa. Por iso, chaman a participación en diversas concentración que terán lugar este luns en diferentes cidades e vilas galegas. No Val Miñor xa está a circular nas redes unha convocatoria aberta para todos aqueles cidadáns que desexen apoiar o reclamo pola República a concentrarse ás 20 horas na Ramallosa.

Tras dous anos prófugo foi detido na Lama o presunto autor de catro roubos en Baiona e Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Policía Xudicial de Vigo detivo o pasado venres na localidade da Lama, a J.G.P.M. como presunto autor de catro delitos de roubo con forza. Os feitos producíronse de xeito consecutivo no mesmo mes, en xuño do ano 2012, en diversos locais e fincas de Nigrán e Baiona. Segundo especificaron as autoridades policiais, o delincuente está acusado de cometer un roubo con forza nas oficinas da empresa 'CRC Representacións', da Ramallosa.

Está en Nigrán pero será arranxada a petición de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

clemente-Gondomar intercede ante a Xunta para que arranxen o cruce da Avda. Portugal e a estrada de Clemente

Aínda que a intersección sitúase no municipio de Nigrán foi o Concello de Gondomar, quen a petición de veciños de Mañufe, Donas e Borreiros, solicitou esta actuación, segundo da conta a administración gondomareña. Sinálase que son os veciños desta parroquia os maiores usuarios desta estrada onde xa a Xunta comezou as obras de mellora.

José Blanco: “O PSOE está en condicións de gañar estas eleccións”

Correo-e Imprimir PDF

joseblancoJosé Blanco é contundente nas súas respostas. Está convencido de que o PSOE pode gañar estas eleccións. Por iso promete ser a voz dos galegos no Parlamento Europeo para defender os intereses de Galicia e mellorar a súa situación económica. Para iso ofrece o que leva ofrecendo desde que comezou en política; "compromiso e traballo".

«O Partido Socialista está en condicións de gañar as eleccións se se mobilizan todos os cidadáns que están descontentos coa dinámica emanada de Europa desta austeridade extrema». É a principal convición de José Blanco, ex ministro de Fomento e número dous do goberno de Zapatero.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL