A Garda Civil incáutase de varias plantacións de marihuana en Nigrán, Baiona, Cambados e Meaño.
Os responsables das platancións foron detidos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.
A Garda Civil incáutase de varias plantacións de marihuana en Nigrán, Baiona, Cambados e Meaño.
Os responsables das platancións foron detidos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.
O sábado 6 de setembro retornarán as súas casas no deserto do Sahara. E tras o reencontro emocionado coas súas familias, seguramente pasarán moitos días contando as súas andainas por este recuncho da Europa. Son trece nenos saharauís que grazas ao esforzo do Programa Vacacións en Paz conviven con familias acolledoras do Val Miñor durante os dous meses de verán máis duros no Sahara. Entre mentres, o Concello de Gondomar, que fornece con cartos o programa no Val Miñor, preparoulles unha merenda o pasado martes na que gozaron xunto coas súas familias na sala infantil da Biblioteca de Gondomar. As autoridades de Baiona e Nigrán tiveron outra actitude.
Esa cervexa xeada que bebiches no areal e deixaches tirada no chan. Levouna o mar. Esa nasa que caeu da embarcación cando esvaraches e no apuro non fuches por ela. Afondou e fica aínda alí. Pneumáticos, latas, artes de pesca, e todo o lixo que podades imaxinar aniña no fondo mariño do porto de Panxón. Ese espazo natural e de traballo que permite a cotío gañarse o pan a centos de familias e gozar da navegación ou ocio turístico a milleiros de persoas, o temos feito unha porcallada.
Tocada polo escándalo da Pokemon, Aquagest, a gran empresa de xestión da auga, cambiou o seu nome por Viaqua. Agora os seus traballadores denuncian que lles pretenden recortar dereitos malia o rendemento das contratas municipais.
ANOVA-IN Val Miñor e mais a agrupación de Esquerda Unida de Gondomar emiten declaracións de “total apoio” á convocatoria cidadá Manifesto Miñor a prol da constitución de candidaturas unitarias a través de plataformas veciñais, nos tres concellos da bisbarra. ANOVA-IN pronunciase tras unha asemblea conxunta de militantes de toda a comarca desenvolvida a pasada fin de semana. Pola súa banda, a agrupación gondomareña de Esquerda Unida o fixo a través dun comunicado asinado polo seu portavoz, Josué Villar, 24 horas despois do lanzamento do manifesto.
O colectivo veciñal a prol da formación de candidaturas unitarias nos tres concellos do Val Miñor cara ás eleccións municipais acaba de lanzar o portal web "Manifesto Miñor" para que aqueles que desexen sumarse a título persoal asinen a iniciativa. Próximo a 40 cidadáns de Baiona, Gondomar e Nigrán atópanse entre os primeiros asinantes desta corrente que "apela" aos movementos sociais e ás formacións políticas "democráticas, progresistas, de esquerda e /ou nacionalistas, a iniciar o dialogo necesario e urxente co fin de conseguir unha ampla alianza social e política para configurar CANDIDATURAS UNITARIAS", a partir dunha convocatoria presentada o pasado 18 de xullo baixo o nome "Pola rexeneración democrática dos concellos do Val Miñor".
Máis dun centenar de persoas do Val Miñor "sen siglas partidarias; diversas e plurais" e "unidas polo amor a Galiza", celebraron un encontro o pasado martes no Pazo da Escola nun adianto da conmemoración do Día da Patria. No acto fixeron uso da palabra o arqueólogo Xosé Lois Vilar e mais o profesor Xulián Maure. A velada contou coa animación dun grupo de gaiteiros que "decatáronse da celebración por Facebook" e concorreron pola súa conta a compartir a súa música. Tralas intervencións tivo lugar unha mesa de petiscos e viños nunha velada de confraternidade que durou ate vén entrada a noite. "O ano que vén sen dúbida seremos máis e todo sairá mellor", salientaron os organizadores "pois son moitas as persoas que se van sumando ao cambio que os novos tempos marcan pero, en clave galega".
Mareas Verdes do Ensino de toda España reuniranse no colexio público de Panxón para celebrar un encontro co obxectivo de "elaborar propostas en positivo" e crear un modelo educativo público, de calidade e que "garanta a igualdade de oportunidades". Dende o 16 de xullo ao 18 de xullo se desenvolverá un intercambio de ideas e propostas baixo o título “La Educación que queremos” no que será a primeira instancia no que se reúnen representantes das comunidades educativas de todo o Estado español .
Preto de 3000 concellos de todo o Estado presentaron hoxe un ante o Tribunal Constitucional (TC) un recurso contra a reforma local impulsada polo goberno de Mariano Rajoy. O O alcalde de Vigo e Vicepresidente da FEMP, Abel Caballero encabezou a comitiva que entregou ao tribunal 80 caixas cos acordos alcanzados nos plenos deses concellos e que forman parte do recurso de inconstitucionalidade contra a reforma.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL