Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Mareas Verdes do Ensino de toda España reuniranse no colexio público de Panxón do 16 ao 18 de xullo.

Mareas Verdes do Ensino de toda España reuniranse no colexio público de Panxón do 16 ao 18 de xullo.

Correo-e Imprimir PDF
marea negra val minor1

Mareas Verdes do Ensino de toda España reuniranse no colexio público de Panxón para celebrar un encontro co obxectivo de "elaborar propostas en positivo" e crear un modelo educativo público, de calidade e que "garanta a igualdade de oportunidades". Dende o 16 de xullo ao 18 de xullo se desenvolverá un intercambio de ideas e propostas baixo o título “La Educación que queremos” no que será a primeira instancia no que se reúnen representantes das comunidades educativas de todo o Estado español .

O acto está organizado pola coordinadora de Galicia onde salienta a iniciativa e participación dos colectivos miñoranos que a través dos Venres Negros e Mareas Negras foron quen de espallar esta iniciativa pola autonomía.

Organizados en grupos de traballo, debaterán sobre o paso da Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo (LOGSE) á Lei Orgánica para Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Tratarán aspectos como a organización e xestión dos centros, a educación emocional e sentimental, e as condicións laborais do profesorado, entre outras cuestións.

Tras consensuar varias propostas, o venres decidirán as iniciativas que se presentarán nos centros de ensino como paso previo a implantar estas accións o próximo curso (primeiro ano da implantación da LOMCE). Estímase que asistirán ás xornadas un centenar de asistentes de centros educativos de todo España.

O obxectivo é propoñer solucións e alternativas", especificar "que educación queremos construír" e "activar á cidadanía", sinalaron os representantes das Mareas do Val Miñor, os profesores do IES Proval Francisco Álvarez e Rosa Pascual, e o docente do CEP Xosé Neira Vilas, Xurxo Martínez.

Nin LOMCE nin LOGSE

Os representantes recordaron que as Mareas Verdes naceron como unha iniciativa para actuar en contra da LOMCE, pero recalcaron que "non estar de acordo coa LOMCE non implica estar de acordo co sistema anterior", é dicir, a LOGSE.

Subliñaron que as leis educativas e a súa perspectiva de futuro "non poden depender de quen goberne", e criticaron especialmente os recortes en materia educativa.

Os docentes han incidido tamén en que hai "unha crise na educación" e que é necesario "un pacto educativo" entre a comunidade educativa e a sociedade. Hai que "consensuar aspectos fundamentais" para poder crear "un novo modelo que garanta a igualdade de oportunidades"