Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Máis de 40.000 persoas participan nas mobilizacións convocadas en Galicia contra a LOMCE.

Máis de 40.000 persoas participan nas mobilizacións convocadas en Galicia contra a LOMCE.

Correo-e Imprimir PDF
480341 549563185096452_47436811_n

-A CIG valora como un éxito rotundo a folga contra a LOMCE, que secundou segundo as súas estimacións, preto do 90% do profesorado e do alumnado

 

A CIG-Ensino valora como un "rotundo éxito" o seguimento en Galiza da folga contra a LOMCE. A central nacionalista sinala que Galicia foi un dos territorios do Estado onde a participación foi máis elevada. Preto do 90% do alumnado e o profesorado non estiveron hoxe nos centros educativos, segundo estima a central. "Foi un verdadeiro éxito e debera servir para que o Goberno do Estado paralice unha lei tan letal para o ensino público galego"; subliñaba o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.

Nas mobilizacións deste xoves 9 de maio insistiuse en que a LOMCE supón afondar na privatización do ensino, ao que traslada a ideoloxía neoliberal do PP, afoga o sistema educativo galego, aumenta a confesionalidade, liquida a xestión democrática dos centros, expulsa ao alumnado do ensino e pon en tela de xuízo o dereito a educación

Dim lights Embed Embed this video on your site