Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A coordinadora de docentes do Val Miñor rexeita a nova lei de ensino (LOMCE) cun novo Venres Negro.

A coordinadora de docentes do Val Miñor rexeita a nova lei de ensino (LOMCE) cun novo Venres Negro.

Correo-e Imprimir PDF
marea auga laxe-musicos

- A Coordinadora de Centros de Ensino do Val Miñor que representa á práctica totalidade dos centros públicos da comarca, emitiu un comunicado público de rexeitamento ante a aprobación do proxecto de Lei da LOMCE no Consello de Ministros.

Outro Venres Negros celebrouse esta mañá nos 18 centros de ensino do Val Miñor agrupados na Coordinadora de Centros. Vestidos de negro, como xa o están a facer dende comezos de anos, os docentes de primaria -a primeiras horas- e os de secundaria no recreo das 12 horas, manifestáronse aos portas dos colexios e institutos portando carteis contra a LOMCE e os recortes orzamentarios.

Os mestres e profesores, tamén fixeron un comunicado no que transmiten á opinión pública o seu "absoluto rexeitamento" da nova lei que comeza o trámite parlamentario. Acusan ao proxecto do goberno de Mariano Rajoy "polo seu carácter elitista, segregador e marcadamente ideolóxico". Puntualizan que a LOMCE "representa un retroceso no ámbito educativo" e que por riba non resolve ningún dos problemas que afectan á Educación en España e en Galiza".

Ao igual que o resto das plataformas en defensa do Ensino Público de todo o país, denuncian que a mesma "foi unha lei elaborada á marxe e coa oposición de toda a comunidade educativa". Nese senso, acusan de "cegueira" á administración Rajoy por tratar de "impoñela a pesar de alcanzar un rexeitamento xeneralizado dos sectores implicados".

O escrito insiste en que a Lei "é un paso máis no desmantelamento do sistema público do ensino, entendido como a garantía da igualdade de oportunidades no noso país, que como cidadáns, temos a obriga e o dereito de defender".