Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor 300 persoas marchan polos areais de Nigrán en defensa do ensino público

300 persoas marchan polos areais de Nigrán en defensa do ensino público

Correo-e Imprimir PDF
Cadea humana contra a LOMCE

300 persoas, entre pais e alumanado, asistiron o pasado sábado a un acto de protesta convocados pola Coordinadora de Centro de Ensino do Val Miñor.

Os manifestantes formaron unha "cadea humana" para facer visible a súa oposición aos recortes e á nova lei de educación LOMCE.

A marcha iniciouse a ritmo de gaitas e tamboril ás 17h dende o Quirosno, no ecuador do areal de Lourido. A marcha percorreu durante unha hora todo o areal finalizando cunha merenda no campo de futbol. 

Este acto pon fin ao ano escolar e como tal ao calendario de actos que a coordinadora do Val Miñor veu realizando durante o presente ano contra os recortes no ensino público e polémica lei do goberno de Rajoy.