Mércores, 9 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Nigrán proporá a prórroga dos servizos de emerxencia GES até finas de 2018 á Mancomunidade do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

grupo-emergencias"É un servizo esencial porque vela pola protección das persoas e do patrimonio e, ao mesmo tempo, supón un aforro de cartos importante para os tres concellos", argumenta González.

O Concello de Nigrán, co seu alcalde Juan González ao frente, estrea mañá a súa presidencia da Xunta da Mancomunidade do Val Miñor coa única proposta da orde do día de prorrogar, se procede, a actividade do GES (Grupo de Emerxencia Supramunicipal) ata o 31 de decembro de 2018 grazas a nova proposta de convenio supramunicipal. Nigrán ostenta dende o 1 de xaneiro a presidencia e o fará durante todo o ano 2016. Como é habitual, a Xunta terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial do Concello de Baiona ás 13.30 horas.

Parada e Vincios animarán o 'II Encontro de Rondallas Val Miñor'.

Correo-e Imprimir PDF

rondalla-parada-2O Centro Cultural Parada do Miñor, coa colaboración do Concello de Nigrán, organiza o domingo ás 11.00 horas o 'II Encontro de Rondallas Val Miñor', suspendido o día 3 de xaneiro debido ás choivas. No encontro, que terá lugar no pavillón en caso de choiva ou na Praza do Concello se non é así, participan as rondallas de Vincios e de Parada.

A alta probabilidade de choivas obriga a modificar as actividades dos Reis Magos en Gondomar e Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

REYES-MAGOS-EN-HIGUERA-DE-LA-SIERRAO tradicional desfiles de rondallas de Reis de Gondomar queda á espera de nova data para a súa realización.

Cabalgata en Gondomar

Por motivos meteorolóxicos, mañá martes, a cabalgata de reis celebrarase no pavillón polideportivo de Gondomar. O tradicional percorrido do Nadal da cabalgata das súas maxestades os Reis Meigos de oriente polas rúas de Gondomar realizarase no pavillón polideportivo as 18:30 h. Tamén queda suspendida a visita que ían realizar ao nacemento vivente, que non se realizará polos mesmos motivos meteorolóxicos.

No pavillón polideportivo as súas maxestades recibirán aos nenos e nenas e a xornada estará amenizada por música tradicional e grupos de baile. Haberá varias sorpresas para todo o público.

Colectivos convocan a concentrarse esta tarde na Ramallosa en repulsa ao asasinato de Marina.

Correo-e Imprimir PDF

concentracion vilencia machistaAnte un novo e brutal asasinato dunha muller, esta vez no Concello de Mos, diferentes organizacións feministas do Val Miñor queren mostrar a súa " máis enérxica loita contra a violencia machista polo que nos imos concentrar no Parque da Ramallosa este xoves 31, ás 18 horas".

Choque frontal na autoestrada do Val Miñor logo de que unha conductora decidira circular en sentido contrario

Correo-e Imprimir PDF

SegundoAutoestrada do Val Miñor saida Vincios as primeiras conclusións a conductora dun vehículo decidiu dar media volta e circular en sentido contrario porque deixara atrás a saída da autoestrada que quería coller.

O accidente tivo lugar cara ás 07:30 horas desta madrugada e os dous condutores dos vehículos foron trasladados de urxencia a un centro médico.

Detidos tres mozos do Val Miñor como presuntos autores de 43 roubos na comarca

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe do material recuperado pola GCA Garda Civil detivo a tres mozos do Val Miñor como presuntos autores da escalada de roubos que se produciron na comarca desde o pasado mes de maio.

O operativo conseguiu esclarecer 43 roubos en bares, igrexas e casas da comarca.

A Xunta entrega un todoterreo tipo pick-up á Mancomunidade do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

paco hernandezO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe na sede da Academia Galega de Seguridade Pública de 42 vehículos todoterreo tipo pick-up destinados ás Agrupacións de Voluntariosa de Protección Civil da nosa comunidade, entre elas a do Val Miñor.

Esta adxudicación faise mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, no marco de Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013.

Convocatoria á homenaxe no 79 cabodano da Volta dos Nove.

Correo-e Imprimir PDF

volta9Neste mes de outubro cúmprense  79 anos do asasinato dos veciños de Sabarís  Ventura Pérez, Dolores Samuelle Álvarez e os irmáns Luís e José López Luís, "Os Ineses”, en mans da represión franquista na mañá do 13 de outubro de 1936. Ao mesmo tempo, cúmprese un novo cabodano da execución de nove mariñeiros do Val Miñor acaecida días despois, na madrugada do 16 de outubro , no lugar de Baiona que agora os lembra, A Volta dos Nove. En honor á memoria destes veciños e veciñas da nosa bisbarra, o Instituto de Estudos Miñoranos convoca a unha serie de homenaxes que terán lugar este sábado 17 de outubro a partir do mediodía.

Os actos darán comezo ás 12 horas no cemiterio de Sabarís onde terá lugar unha ofrenda floral fronte á tumba dos Ineses e Dolores Samuelle. Posteriormente marcharase cara á Volta dos Nove onde ademais dunha ofrenda floral haberá unha intervención do historiador Bernardo Vázquez Acuña. Homenaxe que desenvolverase no lugar do monumento á memoria dos Nove, obra do artista Fernando Casás.

Cae organización criminal especializada en roubos no rural do Val Miñor e sur da provincia.

Correo-e Imprimir PDF

roubosvalminorA operación foi dirixida pola comandancia da Garda Civil da provincia de Pontevedra e péchase con catro detidos e un imputado de idades comprendidas entre os 17 e os 73 anos.

Con ela foron esclarecidos unha ducia de furtos e roubos nas comarcas do Val Miñor, Condado-Paradanta, Vigo e Pontevedra.

Os delincuentes contaban con varios vehículos para efectuar unhas discretas vixilancias sobre as vivendas seleccionadas, a maior parte delas no medio rural e agrícola, ata ter a certeza de que os moradores non se atopaban nas casas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL