Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Colectivos convocan a concentrarse esta tarde na Ramallosa en repulsa ao asasinato de Marina.

Colectivos convocan a concentrarse esta tarde na Ramallosa en repulsa ao asasinato de Marina.

Correo-e Imprimir PDF
concentracion vilencia machista

Ante un novo e brutal asasinato dunha muller, esta vez no Concello de Mos, diferentes organizacións feministas do Val Miñor queren mostrar a súa " máis enérxica loita contra a violencia machista polo que nos imos concentrar no Parque da Ramallosa este xoves 31, ás 18 horas".

A convocatoria que entre outras convocan Area Loura e Comando Ghichas, motívase no asasinato de Marina, veciña da parroquia de Tameiga (Mos), de 69 años de idade, cuxo home, F.A.C., de 71, está detido como presunto autor dos feitos.

Por outra banda a Coordinadora Comarcal de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres ten previstos actos en toda Galicia para o 1 de xaneiro.