Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Ao Val Miñor está a gobernalo o Facebook

Correo-e Imprimir PDF

alfagemeIIUnha brincadeira do Entroido de dubidoso valor etnográfico pode ficar por sempre na entrada á vila de Gondomar porque ao actual alcalde moitos usuarios do Facebook lle puxeron un "Me gusta" a unha foto dela. Pequeno exemplo da pegada das redes sociais nas decisións administrativas dos políticos miñoranos. A iso pode engadirse a frenética subida de fotografías, post e comentarios que dende o pasado mandato tivo no ex alcalde de Nigrán un exemplo destacado, facendo do Facebook a fiestra onde amosar día a día os logros, achegar opinións políticas ou dialogar con cidadáns. Corrente que agora parecen seguir con igual entusiasmo e dedicación algúns dos novos rexedores da bisbarra.

Manifesto Miñor propón medidas de apoio ás reivindicacións dos dereitos da comunidade gai.

Correo-e Imprimir PDF

diversidadeO Manifesto Miñor presentou no rexistro dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar unha instancia para que os tres concellos coloquen nun lugar visible, xunto ao resto de bandeiras, e durante o prazo dunha semana, do 28 de Xuño o 5 de Xullo, a bandeira multicolor, representativa do movemento LGTBI que agrupa á comunidade gai, lésbica, bisexual e transexual.

Dous alcaldes socialistas e un popular para un novo mapa político do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

juan cregoSobre o medio día do sábado e con escasos minutos de diferenza asumían os tres alcaldes da bisbarra: o popular Jesús Vázquez Almuíña por cuarta vez en Baiona, e os socialistas Francisco Ferreira e Juan González en Gondomar e Nigrán respectivamente. Nos tres casos só arroupados polos votos das súas agrupacións, sendo Almuíña o que tivo as cousas máis doadas cunha maioría absoluta de 9 votos en 17. Ferreira, cos seus 4 concelleiros ao igual que Pérez cos 7 do seu grupo acadaron a alcaldía como candidatos das listas máis votadas no 24M.

Capturan ao suposto autor de máis dunha ducia de roubos en vehículos aparcados en Gondomar, Nigrán e contorna.

Correo-e Imprimir PDF

robo1Cun martelo especial para romper os cristais dos coches percorría rúas e camiños do Val Miñor e contorna na procura de efectos de valor en vehículos aparcados. Efectivos da Garda Civil do posto de Baiona estaban alertados da comisión de 12 delitos con este modus operandi dende o pasado mes de xaneiro. O pasado martes 26 de maio puideron identificar ao suposto autor na cidade de Vigo onde foi detido coa "ferramenta do delito" nas mans.

Boicot á reválida e concentración da comunidade educativa na Ponte da Ramallosa. #Baiona #Gondomar #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

ceip-vilarinhoO boicot á reválida para escolares do 3º do ensino primario deu a nota nesta xornada en varios colexios da bisbarra. O absentismo escolar reportado até de agora marca a presenza de 1 estudante de 16 no colexio de Mallón, 3 de 30 en Vilariño e 10 de 50 escolares que tiñan que pasar pola avaliación no colexio público Humberto Juanes. O impacto deste boicot impulsado polos pais e nais das ANPAs e co apoio de boa parte da comunidade escolar, tamén arroxa 9 escolares de 22 en Peitieiros  e 13 de 21 en Vincios(Gondomar) que concorreron a facer a proba.

Operativo permite deter tres mozos como presuntos responsables de roubos en #Baiona e #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Foi no correr desta mañá que un operativo da Garda Civil puido localizar e deter a dous persoas como presuntos autores dun roubo con forza nunha finca de Gondomar. O delito, roubo dun xerador, ferramentas e danos e lesións a dous cabalos, fora denunciado o pasado mes de decembro. No transcurso desta pescuda, o corpo de seguridade tamén puido identificar a un veciño de Baiona como cómplice do delito, quen actualmente atópase ingresado no Centro Penitenciario de A Lama onde cumpre condena.

Antonio Araújo: "somos a única candidatura que presentamos un programa especifico para o conxunto do Val Miñor."

Correo-e Imprimir PDF

antonio araujo 201555 anos. Nacido e vivindo en Gondomar. Deliñante de profesión, agricultor ecolóxico. Actual concelleiro nacionalista non adscrito e alcalde de Gondomar entre os anos 2007 e 2009. "Animoume a participar neste proxecto porque entendín que agora tocaba poñer todo o capital político que podía ter e a experiencia de tantos años de loita ao servizo da veciñanza, para que sexa esta quen fale con voz propia no Concello, sen intermediarios, e sobre todo sen tutelaxes. É a hora das persoas que levan anos loitando a carón da xente nas asociacións veciñais, comunidades de montes, nas asociacións de mulleres, nos colectivos de defensa dos dereitos cívicos, contra a estafa das preferentes, etc. É a hora da veciñanza!"

Rafael Lores: “O actual goberno non ten sensibilidade ante os problemas dos veciños e veciñas de Baiona”

Correo-e Imprimir PDF

rafa-loresRafael Lores Rosal – Baiona. Exconcelleiro e voceiro municipal do PSOE, Rafael Lores Rosal é o actual secretario xeral da executiva local da agrupación do PSOE de Baiona. A súa candidatura á alcaldía chega tras a celebración de primarias nas que ademais de afiliados, participaron por primeira vez os simpatizantes socialistas de Baiona.

Josué Villar "En Gondomar hai moitas familias en risco de exclusión social, e que precisan da axuda das institucións"

Correo-e Imprimir PDF

Josué Villar - Candidato por Gondomar Concello AbertoJosué Villar - Mañufe, Politólogo e candidato á alcaldía de Gondomar pola formación Gondomar Concello Aberto, a coalición formada por Podemos, ANOVA, Esquerda Unida e persoas independentes.

"Dende que traballo en política perseguín como obxectivos a unidade da esquerda, a democracia participativa, e unha xestión responsable do público. Por iso considero que Gondomar Concello Aberto me representa. E fágoo porque neste momento da miña vida podo garantir o meu compromiso absoluto con este proxecto veciñal que, entendo, pode significar unha transformación profunda e irreversible da nosa vila. Aínda sendo novo sei que podo aportar a miña experiencia política desenvolta nestes últimos anos así como o coñecemento do funcionamento do Concello, xa que traballei nel, en prácticas, en 2014."

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL