Luns, 25 Sep. 2023

Actualizado07:21:59 AM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Gondomar e Nigrán implícanse na reconstrución de Gaza a través do Fondo Galego de Cooperación.

Correo-e Imprimir PDF

Fondo-GalegoOs concellos de Gondomar e Nigrán achegarán o seu gran de area para a reconstrución de Gaza. O farán a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que destinará un total de 20 mil euros en axudas médicas. Representantes de ambas as dúas administracións participaron na asemblea que celebrou o organismo o pasado mércores onde foi adoptada a resolución de colaborar na recuperación de Palestina tras os últimos bombardeos israelís.

Homenaxe aos "nove" de Baredo

Correo-e Imprimir PDF

monumento volta 9Este domingo 19 de outubro, ás 12:30 horas, se realizará unha sinxela homenaxe  ao redor do monumento "Volta dos Nove”.  Un ano máis, familiares, veciñas e veciños lembrarán a memoria dos nove veciños miñoranos asasinados pola represión franquista na madrugada do 15 de outubro de 1936, á altura do quilómetro 58 da estrada Baiona - Camposancos.

A homenaxe  consistirá nun momento de recollemento fronte ao monumento, obra do escultor Fernando Casás, unhas breves palabras do historiador Carlos Méixome, director do IEM, e unha ofrenda floral.

A Garda Civil detén a un veciño de O Rosal por un delito contra a saúde pública e cultivo de marihuana.

Correo-e Imprimir PDF

MARIHUANA-O-ROSAL-A Garda Civil foi alertada por veciños da finca de O Rosal que manifestaron o forte cheiro a marihuana que proviña do inmoble. Axentes do posto de A Guarda trasladáronse á zona e atoparon 5,7 quilos de cogollos e 32 plantas de marihuana de pequeno tamaño cuxo propietario entregou voluntariamente. Trátase do terceiro operativo en menos dun mes que a Garda Civil desenvolve na zona  no marco dun operativo de “erradicación do cultivo e venda de sustancias estupefacientes”. Os operativos levan incautadas plantacións en Nigrán, Baiona, Tui e O Rosal ata de agora.

Medran as incautacións de cultivos de marihuana: 36 plantas e 2 detidos en Guillarei.

Correo-e Imprimir PDF

marihuana guillareiA Garda Civil de Tui incautou 36 plantas de marihuana que arroxaron un peso de 27 quilogramos, nunha leira de Guillarei anexa á vivenda na que, o suposto dono e coidador, vive cos seus pais. Ademais destas plantas se incautaron tamén ao redor de 5 kg. de marihuana xa seca, 45 gr. de cocaína e 4 e medio de heroína así como unha báscula de precisión, pequenas bolsas plásticas para a venda da droga, útiles para o cultivo da marihuana e unha cabina secadora con circuíto extractor e un deshumificador, segundo o informado aos medios.

Desaparece a formación básica en secundaria para Gondomar e complícase en Baiona e Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Conselleiro de Educación no inicio do curso escolar 2014 | Imaxe Xunta de GaliciaGondomar queda sen FP básica, Nigrán perde unha e Baiona con dificultades para o curso 2014/2015.

No Val Miñor redúcese a oferta respecto dos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que existían o ano pasado, ao seren trocados por cursos de FP Básica trala posta en funcionamento da reforma educativa LOMCE. Os PCPI permitían adquirir unha cualificación profesional á vez que o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria a ducias de estudantes con dificultades. “Grazas a eles tes a oportunidade de continuar estudando ou incorporarche ao mundo laboral en mellores condicións” salientaba ata a aprobación da LOMCE o Ministerio de Educación de España respecto aos PCPI. Para este curso 2014/2015 desaparecen nos dos dous centros de Secundaria de Gondomar e o do CPI de Panxón. A oferta queda reducida a FP Básicas que en poucas especialidades poden cursar nas Escolas Proval (Nigrán) e o IES 1º de Marzo de Baiona que só ofrece unha modalidade.

EQUO Val Miñor convoca a unha asemblea cidadá na Foz da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

EQUO convoca a unha asemblea aberta á cidadanía o vindeiro sábado as 18h, no Estuario da Foz, na Ramallosa, para presentar o seu  proxecto no Val Miñor. A agrupación pretende abrir un debate sobre “ás necesidades que ten o Val Miñor en cuestións de política local para que consigamos achegar ás nosas e as vosas propostas de cara a conseguir un cambio nas políticas locais”. Nese senso sinalan que sumarse ás iniciativas cidadás que xurdan en Galicia de cara a conformar unha lista unitaria para as eleccións municipais do 2015 e “que aglutinen unha maioría de partidos, asociacións e colectivos que estean afastados das políticas que estiveron a aplicar na maioría dos concellos galegos durante os últimos anos”.

Como converter unha casa en ruínas do Val Miñor nun dos mellores proxectos da arquitectura galega.

Correo-e Imprimir PDF

01Non unha, senón dúas son as casas da bisbarra que foron obxecto de proxectos de rehabilitación cas converteron en exemplos salientables para o Colexio de Arquitectos de Galicia na provincia de Pontevedra. A Casa Aguirre, no casco vello de Baiona e a casa rural localizada a carón da igrexa parroquial de Chaín obtiveron o Premio Gran de Area 2014, entre máis de 60 inicialmente propostas ao xurado. O estudo madrileño de Gabriel Carrascal Aguirre e Sergio Martín Blas, é o responsable do proxecto baionés. O estudo de Antonio Soliño Troncoso, da rehabilitación e ampliación da finca rural de Chaín. Este arquitecto gondomareño acada así a cuarta premiación consecutiva, pois xa obtivera o mesmo galardón polos proxectos “Vivenda unifamiliar para un xoven músico e parella en Saíans” (2011), “Rehabilitación e ampliación de vivenda en Donas” (2012) e “Rehabilitación de vivenda en Saíans” (2013)

O concelleiro de Parques e Xardíns de Vigo, imputado no entramado de empresas da Operación Patos

Correo-e Imprimir PDF

Antigas instalacions de Hormigones Valle Minor en Nigran | Foto Google MapsO concelleiro de Parque e Xardíns de Vigo, o socialista Ángel Rivas terá que declarar como imputado no Xulgado Número 1 desta localidade. Tras saltar a noticia, o político emitiu inmediatamente un comunicado no que declara que "todo o meu traballo foi sempre cun escrupuloso respecto a lei e a decencia". 

O socialista foi o director xerente de Hormigones Valle Miñor, empresa que foi sub-contratada entre outras por Eiriña, Oresa e Secoysa, adxudicatarias de millonarias obras de huanización na cidade viguesa durante o desarrollo das obras do PlanE. 

Tras 60 días no Val Miñor, 13 cativos saharauís retornan aos campamentos de Tinduf.

Correo-e Imprimir PDF

visita-saharauis-2Remata a andaina polo Val Miñor das trece crianzas saharauís que este ano conviviron con familias acolledoras de Baiona, Nigrán e Gondomar. Este sábado 6 de setembro emprenderán o voo de regreso cos levará canda as súas familias. No Sahara haberá alegría polo regreso e por esta experiencia nunha terra cuxos nomes e lugares cada vez son máis coñecidos nos campos de refuxiados de Tinduf. A SOGAP (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), fornecedora de Vacacións en Paz, salientou e agradeceu novamente este venres ás familias acolledoras e ao Concello de Gondomar polos seus esforzos na concreción deste programa humanitario . Á vez que manifesta o desexo de contar coa colaboración económica de Baiona e Nigrán para a edición 2015.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL