Martes, 26 Maio. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Tarefas de desbroce en estradas de Baiona impiden ao GES do Val Miñor atender un incendio en Gondomar.

Tarefas de desbroce en estradas de Baiona impiden ao GES do Val Miñor atender un incendio en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Los-alcaldes-de-la-Mancomun

 - O incendio nun transormador na vila de Gondomar tivo que ser sofocado por unha unidade dos bombeiros de O Porriño ás 10:30 h da mañá deste luns.

 - O lume non puido ser atendido polo servizo de emerxencias do Val Miñor (GES) pois os dous operarios que cumprían quenda tiñan orde da Mancomunidade de realizar tarefas de desbroce en Baiona, segundo denuncia do concelleiro nacionalista Xosé Antonio Araúxo.

 - Segundo puido saber este medio, o GES chegou á zona de urbanización de Fontán, onde tivo lugar o sinistro cando o operativo de extinción xa estaba rematado.

Os GES do Val Miñor tivo que deixar as tarefas de desbroce en Baiona, recoller a maquinaria, trasladarse á base en Nigrán e dende alí acudir co equipamento adecuado a Gondomar. Tarefa que conlevou que a resposta ao aviso de emerxencia demorase máis de media hora, segundo fontes do servizo.

Que pasaría nun encendio máis grave se os bombeiros do Porriño non poidesen vir ou tardaran máis da conta? Como lle explicaría o goberno da Mancomunidade do Val Miñor aos veciños da comarca que nunha situación de gravidade, e tendo un GES para actuar con urxencia nestes casos, se producira una desgraza porque os seus efectivos están desbrozando camiños? ” pregunta o edil Araúxo, quen por casualidade estaba nas proximidades do incendio e puido observar o acontecido.

O GES Val Miñor conta con 12 operarios que cubren o servizo en quendas de 2 ou 3 efectivos segundo o día. “Pois ben, e aínda que conta cun número insuficiente de efectivos, vén desenvolvendo dende hai dous anos o seu labor con grande eficacia e profesionalidade para a traquillidade de todos os miñoranos. Xa que logo, onde está o problema?”, sinala Araúxo.

Pois para asombro de propios e estranos acabamos de saber que a actuación dos bombeiros do Porriño no centro de Gondomar foi debida a que o GES do Val Miñor (a 5 minutos do incidente), está desactivado e os seus efectivos traballando no desbroce de camiños, beiravías, ou maleza nos montes próximos ás casas, etc”, denuncia o edil nacionalista.

Fontes do GES matizan que non están “desactivados”, mais comparten que se lles ordenan tarefas de desbroce fóra da base, as respostas a este tipo de emerxencias vense demoradas coas consecuencias negativas que iso ten.

Agora entendemos o empeño do PP, e o silencio cómplice do resto dos grupos, por expulsar do Pleno da Mancomunidade a Antonio Araúxo, pois con el dentro estas cousas non pasarían, ou cando menos serían coñecidas pola cidadanía”, afirman nun comunidado dende o grupo nacionalista de Gondomar. De feito, a pesar que esta agrupación conta con 5 concelleiros na corporación ningún deles pode participar no pleno da Mancomunidade do Val Miñor tralo seu afastamento do BNG, partido polo que foron elixidos nas últimas eleccións.

Unha interpretación do regulamento ,que os nacionalistas entenden equivocada, pois aseguran que a representación do organismos é a razón pola pertenza a unha corporación e non en mome dos partidos que a integran.

Con todo, non se van librar de ter que dar explicacións públicas, e no caso do Alcalde de Gondomar terá que dar explicacións de todo isto no vindeiro pleno de novembro”, adiantan os nacionalista.