Mércores, 13 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP de Nigrán propoñerá unha moción de igual ton que Baiona na procura dun parque de bombeiros.

O PP de Nigrán propoñerá unha moción de igual ton que Baiona na procura dun parque de bombeiros.

Correo-e Imprimir PDF
bomberos35

O PP de Nigrán propoñerá ao pleno municipal que solicite á Xunta de Galicia e mais á Deputación Provincial de Pontevedra a realización, de forma urxente, dos trámites necesarios para dotar ao Val Miñor dun parque de bombeiros en aras de garantir a prestación do servizo de prevención y extinción de incendios. A iniciativa tamén inclúe pedir a estas administracións supramunicipais unha axuda económica para garantir a prestación do servizo de emerxencia. O texto a debater é similar ao aprobado por unanimidade pola corporación de Baiona, ao que os populares manifestan adherir plenamente.

Segundo o análises do PP trátase dun tema fundamental no que está comprometida a seguridade da bisbarra. Este servizo que estaba prestando a Mancomunidade de Municipios do Val Miñor a través do Grupo Mancomunado de Intervención Rápida (GRUMIR), atópase nunha situación precaria, mantido só por tres funcionarios, que rotan en gardas de 24 horas cada un, e que deixan a comarca cunha soa persoa al día na cobertura do servizo e só durante 5 días de cada 7.

Os populares entenden que son aspectos económicos os que dificultan e impiden a prestación do servizo. De feito, o GRUMIR mantiña durante tres meses este servizo de 3 funcionarios fixos, asistidos por voluntarios, e logo durante 9 meses contrataba 12 funcionarios profesionais en base a unha subvención da Consellaría de Benestar social e Traballo da Xunta de Galicia. Unha sentenza xudicial ordenou á Mancomunidade recoñecer o carácter de funcionarios permanentes aos membros do GRUMIR, e polo tanto afrontar a súa contratación nesa categoría ou efectuar o seu despido coa indemnización respectiva. Ante a disxuntiva, o presidente actual da Mancomunidade Jesús Vázquez Almuíña (alcalde de Baiona), decidiu indemnizar aos traballadores ante o que entende unha imposibilidade de afrontar por parte da Mancomunidade os 300 mil euros anuais de orzamento en materia de salarios que custaría o GRUMIR.

O PP de Nigrán opina que “se debe solicitar la colaboración de otras administraciones para que se pueda seguir realizando este servicio de emergencias y prevención y extinción de incendios. La importante carencia que tiene esta comarca del Val Miñor de un parque de bomberos, lo que ya se ha convertido en una antigua reivindicación, puede ser el origen de esta situación que hoy se vive dentro del GRUMIR y que desde los ayuntamientos del Val Miñor debemos intentar solucionar cuanto antes.”