Ver video TVG
Lixo, malos cheiros e mesmo ratas. Este é o panorama que teñen que soportar os veciños dun edificio de sabarís onde o venres pasado se incendiou unha das vivendas. Os veciños aseguran que xa case non poden permanecer nas súas casas, e reclaman que as autoridades locais se faga cargo da limpeza do inmoble. Segundo lles informou a garda civil, o concello xa ten permiso para entrar na vivenda pero senten que ninguén lles fai caso.