Venres, 7 Maio. 2021

Actualizado07:14:33 AM GMT

Estás en Val Miñor Témese polo dano ecolóxico e patrimonial deixado tras o lume en Oia.

Témese polo dano ecolóxico e patrimonial deixado tras o lume en Oia.

Correo-e Imprimir PDF
incencio oia 2013 foto 1punto1Fotografia

Transcorrida a segunda xornada de loita contra o lume, a Xunta de Galicia da por “estabilizado”, o incendio forestal iniciado no concello de Oia na parroquia de Burgueira, que afecta tamén aos concello do Rosal e Tomiño. Aínda sen unha avaliación total da zona, fontes no lugar sinalan que máis de 1.800 hectáreas foron arrasadas por mor das lapas, unha cifra que o informe oficial da Xunta reduce a 1.200ha, co matiz que falla a parametrizado do espazo total afectado polo sinistro.

 Perdas económicas e patrimoniais.

Pese á magnitude do lume, non hai que lamentar danos persoais de consideración, pero previsiblemente o lume deixa tras de si un importante dano económico, ambiental e patrimonial que terá que ser valorados nos próximos días, unha vez que sexa posible percorrer as zonas afectadas. Ademais das plantacións forestais e agrícolas do lugar, sen dúbida a pegada será grande en materia de ecosistemas, fauna e flora deste habitat na Serra da Groba. Espazo vital de centenares de garranos ceibes, gando e unha morea de especies que puideron quedar atrapados no inferno das lapas que abrazaron a serra.
Membros da Asociacións Sos Groba consultados por Valminor.info, amosaron a súa preocupación neste senso, aínda que matizaron que non manexan de momento información específica sobre os danos, nin puideron acceder á zona.

A falta de conservación previa ao lume fai temer polo estado de varios petróglifos e xacementos arqueolóxicos.
Xilberte Manso, membro do Instituto de Estudos Miñoranos, sinalou que por exemplo, corren o risco de desaparecer varios petróglifos que ata días previos ao incendio atopábanse cubertos de maleza, segundo puido constatar persoalmente nos seus percorridos pola serra. Esta falla de conservación do patrimonio -explica- fai que sexan máis vulnerables aos efectos do lume, polo efecto directo do lume que produce a fragmentación das capas superficiais das rochas (termoclastia), e a posible desaparición parcial ou total dos mesmos, como xa sucedera no ano 2006. Entre as pezas con risco de afectación atópase un particular petróglifo co gravado dun labirinto nos montes de O Rosal, do que só se coñecen sete exemplares en toda Galicia.

Mais as dimensións das zonas do sinistro na serra da Groba, tamén fai espertar preocupación pola sorte doutros xacementos arqueolóxicos como as minas romanas localizadas no lugar, e diversas construcións de grande valor etnográfico. Diversas fontes coincidiron en sinalar a preocupación das pegadas que deixarán no monte as propias tarefas de combate ao incendio, en particular a acción dos chamados "buldozzers" para as aperturas urxentes de camiños de acceso e cortalumes na zona.

 

A costa tamén
Non só o monte padece os efectos do incendio. A costa de Oia permanece por longos tramos cuberta de fume que impregna as vivendas da zona. Tamén as praias acumulan extensas capas de cinzas espalladas nos areais e nas beiras do mar.