Venres, 7 Maio. 2021

Actualizado07:14:33 AM GMT

Estás en Val Miñor O BNG denuncia que arderon o dobre das hectáreas que sinala a Xunta nos incendios de Oia e O Rosal.

O BNG denuncia que arderon o dobre das hectáreas que sinala a Xunta nos incendios de Oia e O Rosal.

Correo-e Imprimir PDF
1173731 647489218609057 578781948 n

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, denuncia que mentres a Xunta de Galicia di que arderon 1.200 hectáreas, "os que están no terreo falan de 1.200 en Oia e 1.200 no Rosal, ou sexa, o dobre do que sinala a Xunta", destacou. Vence fixo esta denuncia tras visitar os lugares sinistrados xunto coa deputada Carme Adán na mañá deste mércores 28 de agosto.

O nacionalista demandou do presidente da Xunta unha "política de transparencia sobre a información e de asunción de responsabilidades" a respecto dos incendios que se están producindo en Galiza. "Necesitamos que a Xunta asuma as súas responsabilidades e diga a verdade, xa que minte no número de incendios e a superficie afectada", asegurou.
Agregou que "Feijóo cre que pode ocultar o problema coa ocultación da información, pero o problema está no país". Precisamente, para Vence os incendios destes días en Galiza "son o resultado de confiar en exceso no azar, na falla de política forestal agraria por parte da Xunta".
Para o responsable nacionalista, as altas temperaturas e o vento non fan máis que poñer de manifesto un "problema latente, como é que non se fai unha política agraria e forestal que coide o monte e o manteña limpo".