Luns, 6 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Opinion Cartas Limpezas aparentes

Limpezas aparentes

Correo-e Imprimir PDF
Viso de Calvos, Sabarís
Todo o mundo sabe que o problema do lixo afecta a todos os concellos, non só ao de Baiona. Nembargantes, ún que presume de ser de Excelencia Turística debe xestionalo dun xeito moito máis coidadoso, a imaxe das rúas é coma o retrato da vila.

Non entraremos agora na problemática do tratamento de residuos, debate que excede as fronteiras do noso concello e que xa é xenérico en toda Galicia. Hoxe vainos tocar falar dos recipientes que empregamos nas nosas rúas para que se recolla o lixo: os contenedores.

Poderíase escribir unha novela, ensaio e mesmo algún que outro poema cos sucesos que rodean a calqueira contenedor. Desprázanse para poder aparcar onde non hai sitio, golpéanse para similar propósito, empréganse a deshora orixinando cheiros innecesarios, que si están moi lonxe, que si están moi preto…

O seu uso continuado os deixa feitos un despoxo en sí mesmos. Antes se solucionaba o problema da súa limpeza de dúas maneiras: ou se levaban a limpar, sustituíndoos por outros limpos (có conseguinte incremento de stock) ou simplemente se tiraban, sustituíndoos por outros novos, normalmente pagados pola Deputación (có conseguinte gasto público).

Hoxe en día a limpeza se fai mediante un camión que lles fai a limpeza in situ, pensamos que tamén pagado pola Diputación. O proceso consiste en introducir o contenedor no camión, onde uns chorros de auga e productos de limpeza supostamente lle arrincan a suciedade, todo o proceso en apenas uns dous minutos.

Pero a verdade é que ese miragre non é tal. O camión simplemente molla os contenedores e a suciedade pegañenta dos restos de lixo quedan no interior e exterior da recipente, pode que algo se suciedade se eliminae, pero o aspecto sucio queda nos mesmos. ¿Lo para que se gastan os cartos nesta limpeza se non é efectiva? Pode ser que quede moi ben cara a galería, sobre todo se temos en conta que o proceso se realiza a plena luz do día, para uqe todo o mundo o vexa.

Non queremos somentes expór o problema, senón tamén xenerar solucións, ése é o propósito de Baiona Consciente desde a súa fundación, ben aportando ideas, ben xenerando o debate necesario para que xurdan as propostas necesarias. Xa que logo, ¿cal é a solución aos contenedores sucios?

Sen dúbida a aposta máis valorada alí onde se realizou a iniciativa son os contenedores soterrados. O que temos na Praza de Santa Liberata é anecdótico, sobre todo porque saiu do acordo de recalificación da Urbanización Vista Real.

Os contendeores soterrados precisan dunha importante inversión inicial, pero se se lle libera á xenerosa Diputación dos gastos mencionados de limpeza, igual podemos reclamarlles unha partida orzamentaria para tal fin, así como á Xunta de Galicia. Un concello non só vive de auditorios e piscinas. Debemos cubrir a pirámide de necesidades de abaixo a arriba, primeiro sintámonos contentos coas necesidades fisiolóxicas e de seguridade e logo xa iremos a polas de autorealización.