Domingo, 5 Jul. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Opinion Cartas O xogo das diferenzas

O xogo das diferenzas

Correo-e Imprimir PDF
baiona lixo
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte
¿Xogamos? A ver se atopamos a sustancial diferenza entre a primeira imaxe, en branco e negro, tomada en Redondela (Faro de Vigo) e a segunda, a cor, tomada en Baiona.

 

 O sustancialmente diferente é que en Redondela levan tres días de folga e en Baiona o servizo municipal non o está.

Para moitos unha vergoña, para outros, entre eles membros da corporación municipal, a culpa é dos veciños de Baiona, que tiran todo por fora.

Non podemos negar que algo de culpa temos todos ao non cumprir cos horarios para depositar o lixo, pero como ven se pode ver nesta foto en Sabarís, non só é ese o problema:

1º.- Moita xente descoñece a ubicación do punto limpo e a súa función.

2º.- A maioría da xente carece de medios para levar colchóns, mobles e outros refugallos de grandes dimensións ata o punto limpo de Baiña.

3º.- A unha inmensa maioría de xente non lle apetece ir ata o punto limpo cargado ata arriba, cando pode tiralo ao pé da casa do veciño.

4º.- Non existe un estudo de volume de lixo por zonas, ou non se está a aplicar, senón non se entende o escaso número de contenedores nalgunhas zonas e o exceso noutras.

O problema do lixo non é só cuestión dun servizo municipal deficiente, tamén implica posibles riscos sanitarios. Con isto non se pode xogar, sobre todo cando se trata do único servizo de recollida non privatizado no Val Miñor.

 


 Redondela onte. Porto de Baiona


Máis fotos en: Foto denuncia valminor.info

Máis artigos de opinión de Baionaconsciente: http://baionaconsciente.blogaliza.org