Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O PSOE de Gondomar apoian ao goberno ante a folga do lixo

O PSOE de Gondomar apoian ao goberno ante a folga do lixo

Correo-e Imprimir PDF
{mosimage}O PSOE de Gondomar manifesta o seu "total e incondicional" apoio ao goberno de Gondomar, en todas e cada unha das medidas que tomen para solucionar dunha vez a retirada do lixo que se acumula nas rúas do municipio. Nuna nota remitida polos socialistas apelan a que o concello "non debe agardar nin un minuto máis en limpar o lixo acumulado, ou mediante a empresa Geseco ou através dunha empresa contratada para tal fin", Coinciden co goberno en que os gastos que isto supón o terá que asumir a empresa adxudicataria do servizo tal e como recolle o pliego de condicións.

Os socialistas manifestan que "non é de recibo que quen incumple sistemáticamente o contrato asinado entre as partes reclame 136.000 Euros máis ao ano en base a un estudo feito a medida e que alteraría de forma substancial o Pliego de Condicións do Contrato, o que supoñería a extinción do mesmo".  A débeda da actualización de prezos foi recoñecida no Pleno do día 31 de xullo e consideran que polo tanto o Concello non lle debe nin un céntimo a Geseco, "ao contrario é a empresa a que debe moito diñeiro ao Concello por todos os servizos que non cumpre. "

O PSOE considera que o más grave da folga é que a empresa a vincula ao cobro dun suposto déficit, para pagar aos traballadores os aumentos salariais recoñecidos no novo convenio asinado entre os empregados e Geseco. S

Denuncian o engano que queren trasladar á opinión pública cando manifestan que ese diñeiro é para pagar as subidas salariais, as cales serian dun 3 por cento máis IPC para o ano 2008, tendo en conta un IPC do 5 por cento máis; deste xeito a mellora sería do 8 por cento, polo que se o servizo conta con 7 traballadores a actualización dos soldos supoñen ao ano aproximadamente 6.300 Euros para o total dos operarios de Geseco, polo que o PSOE considera que os restantes 130.000 Euros son para a "caixa" da empresa.

O PSOE considera que analizando o estudo solicitado por Geseco e segundo o cal a empresa reclama o suposto déficit, ese estudo recolle servizos que non prestan desde fai anos por valor de 51.000 Euros anuais.  Entre este servizos destacan destacan a limpeza e mantemento de contenedores por valor de 25.300 € ou o aluguer dunha nave para gardar os camións por valor de 10.000 € ao ano.


O PSOE insta ao Alcalde a que tome as medidas oportunas para non danar máis a imaxe do Concello e evite en plena época estival os focos de infección que se están xerando en todo o Municipio e que expoña a Geseco a posibilidade de rescindir o contrato, se é que este realmente suponlle perdidas, cousa que o PSOE dubida. O PSOE considera que o mellor para os veciños de Gondomar sería que se asumise o servizo de recollida directamente polo Concello, deste xeito os empregados pasarían a ser contratados do Concello polo que os seus intereses estarían a salvo.