Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Pleno da Mancomunidade do Val Miñor non manterá a contratación dos 12 axentes do GRUMIR.

O Pleno da Mancomunidade do Val Miñor non manterá a contratación dos 12 axentes do GRUMIR.

Correo-e Imprimir PDF
Parte do equipo de traballadores do GRUMIR Val Miñor en desacordo coa proposta de Almuíña.
A dúas horas de reunirse o pleno da Mancomunidade do Val Miñor en principio a votación terá como saldo o despido obxectivo dos 12 axentes do GRUMIR en conflito. Hoxe pola mañá os traballadores mantiveron unha intensa axenda de reunións cos concelleiros que participarán do órgano supramunicipal pero as cousas non cambiaron. A postura de Jesús Almuíña, presidente transitorio da Mancomunidade prevalecerá cós votos dos concelleiros do PP, os votos de José Cabaleiro (non adscrito por Gondomar) e mais o de Efrén Juanes, o alcalde socialista de Nigrán. En contra de este despido estarán a totalidade dos concelleiros do BNG e mais a concelleira de Baiona Teresa Pérez Vieira.