Martes, 15 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O Val Miñor non conta con ningún equipamento para a extinción de incendios

O Val Miñor non conta con ningún equipamento para a extinción de incendios

Correo-e Imprimir PDF
A pick-up tampouco conta con equipo de extinción de incendios


A noticia publicada onte puxo de manifesto as deficiencias e a precariedade coa que traballan os 11 bombeiros da mancomunidade do Val Miñor (GES) e a falta de protección que contan os veciños ante unha situación de emerxencia por lume.

O Val Miñor non conta con ningún equipo de extinción de incendios salvo varios extintores e unha sulfatadora. O servizo de extinción está sendo prestado polos bombeiros de Vigo e Porriño, según disponibilidade.

O alcalde de Nigrán, e presidente da mancomunidade do Val Miñor, Alverto Valverde,deféndese ante as críticas e asegura que o GES dispón dun vehículo lixeiro cunha bomba de auga para pequenos incendios, e anuncia a apertura dunha investigación para determinar se houbo algunha neglixencia na prestación do servizo.

 

 

Do GRUMIR ao GES

A precaridade dos profesionais de bombeiros do Val Miñor non é algo novo de agora. En 2011 o desaparecido GRUMIR contaba cun só un profesional por quenda ou ningún si os profesionais tiñan que librar. Unha situación que facía imposible a operatividade e auxilio do efectivo de emerxencias.

Os profesionais denunciaban estes feitos dous anos atrás, en marzo de 2011, logo de que a Mancomunidade acordase despedir a todos os efectivos. As cámaras de VIA TV facíanse eco da situación. Así o seu coordinador, Oscar Arévalo, amosaba ante as cámaras as tarefas de "bricolaxe" realizadas polos efectivos para aforrar cartos á mancomunidade, e xa puña de manifesto a problemática dos vehículos de emerxencias.

En agosto de 2013, case rematada a campaña contra incendios, a mancomunidade anuncia a incorporación de 6 novos efectivos ao rebautizado como GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) conformando un operativo de doce profesionais, agora reducido a once. Pero esta incorporación non conlevou a mellorar do equipamento que seguía sendo deficitario.

O camión de bombeiros

A motobomba forestal leva xa un mes avariada nun taller en Vigo á espera do que acorde a Mancomunidade, que sinala non ter diñeiro para afrontar a súa reparación. A reparación de motor está orzamentada ao redor dos 15.000 euros, para un vehículo que custou aos contribuíntes máis de 120.000€ e que ten 10 anos de antiguedade.

A problemática deste vehículo está nas propiedades do mesmo. O camión está equipado e preparado para actuacións forestais e o seu motor non está pensado para a súa circulación urbana a grandes velocidades como se leva utilizando nos últimos anos.

Os profesionais consultados coinciden en que a reparación do vehículo de 15.000 euros resulta 10 veces máis económica para as arcas públicas que a compra dun novo vehículo. Non dubidan en sinalar como un excelente camión de bombeiros pero para un uso forestal dada a forza de tracción do vehículo e a súa adecuación ao medio co cal sería un erro wue terminase convertido en chatarra.

A pick-up ou vehículo lixeiro que falla dende o primeiro día.

O GES tamén conta cunha pick-up ou vehículo lixeiro que incorpora un equipo de excarcelación para accidentes de tráfico, un equipo de auxilio en altura e unha pequena motobomba de auga de 180 bares. A problemática deste vehículo estaba no seu peso, que superaba en 500 Kg o peso máximo permitido para circular legalmente. Un sobrepeso que  provocaba que a condución deste vehículo fose moi perigosa e inestable.

A pequena bomba que equipaba a pickup era similar ás Kärcher domésticas utilizadas para o lavado dos coches e permitía básicamente refrescar zonas pero nunca atacar un lume en condicións normais.

Segundo puido saber esta redacción, a motobomba estropeábase moi amenudo  e sumado ao problema de carga que tiña o vehículo, os profesionais solicitaron por escrito á mancomunidade a súa retirada e o aproveitamento do espazo da motobomba para a colocación do equipo de excarcelamento, cubrindo as necesidades de extinción co camión que agora mesmo está avariado. Unha medida da que a mancomunidade ten coñecemento e deu o seu consentimento.

Os problemas de sobrepeso deste vehículo tamén provocaron numerosas avarías mecánicas dende a súa compra, dada a mala adaptación da amortiguación e motorización para a carga soportada; así foron numerosas e custosas as reperacións de embragues e reforzamento de ballestas das amortiguacións para facer mínimamente operable o vehículo.

A situación actual dos vehículos de extinción de incendios.

Pese a que o presidente de turno da mancomunidade do Val Miñor e alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, manifestase onte nun comunicado que o GES conta cun pequeno equipo de extinción de incendio equipado na pickup esta redación puido saber que ese vehículo non conta con motobomba ningunha, polo anterioremente exposto. Deste xeito o Val Miñor non conta actualmente con ningún equipo de extinción de incendios salvo varios extintores e unha sulfatadora para enfriar e refrescar pequenos conatos forestais.

Desta información despréndese que a actuación do GES na extinción dun pequeno lume nunha casa en Ramallosa, foi acorde aos medios que dipoñían nese momento.

Porriño e Vigo apagan os lumes no Val Miñor con cargo á mancomunidade.

Os bombeiros de Vigo e Porriño son os que levan xa tempo suplindo as carencias do servizo no Val Miñor. Unha asistencia que está supeditada á súa dipoñibilidade para acudir até o Val, co agravante de multiplicar por catro o tempo de resposta que prestan os servizos de emerxencia do GES; os primeiros en acudir e prestar auxilio na zona.
Pero as viaxes dos bombeiros de Vigo e Porriño non saen gratis nin son por solidariedade.  As facturas corren finalmente a cargo da mancomunidade que debe sumalo ao gasto do propio servizo do GES.

As denuncias das aseguradoras.

As aseguradoras revélanse tamén ante a falta de equipos de extinción do Val Miñor. Así unha aseguradora mantén unha demanda pendente de xuizo contra a propia mancomunidade logo de que o vehículo dun asegurado ardese na praia de Patos sen que os efectivos de emerxencias contasen con equipo de extinción. Unha situación que prevocou o calcinamento do vehículo valorado en 50.000 euros e que agora a aseguradora reclama á mancomunidade.

 

Vídeo VIA TV - Marzo 2011

Dim lights Embed Embed this video on your site