Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor EU pide unha investigación para determinar o grao de responsabilidade da Mancomunidade ante a falta de medios do GES

EU pide unha investigación para determinar o grao de responsabilidade da Mancomunidade ante a falta de medios do GES

Correo-e Imprimir PDF
O camión leva máis de dous meses aparcado nun taller en Vigo

O portavoz de Esquerda Unida, Jose Cuevas, solicitou onte ao presidente da mancomunidade a apertura dunha investigación para determinar se os medios cos que conta o servizo de emerxencias do Val Miñor (GES) son adecuados.

Logo de que o pasado mes o presidente de turno e alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, anunciase que abriría unha pescuda interna para determinar se houbera neglixencia por parte dos efectivos do GES ao acudir aun incendio en Ramallosa cunha sulfatadora, ante a falta de medios e a avería do camión cisterna que dispoñen; agora o portavoz de EU considera de xustiza a apertura dunha investigación para determinar o grao de "neglixencia" dos responsables políticos.

Ante os sucesos denunciados na prensa, o alcalde de Nigrán asegurou que “o GES conta actualmente cun "reforzo especial" do parque de bombeiros de Porriño mentres non se atope unha solución á ausencia do camión.”

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida de Nigrán, os sucesos do pasado martes demostran que o “reforzo especial” do que falaba o al alcalde o pasado mes de decembro é insuficiente. Hai que lembrar que o camión leva avariado case mais de 2 meses, sen que se o presidente da mancomunidade atopara unha solución ao problema.

A dotación de Porriño tardou unha hora en chegar ao incencio do pasado martes nunha vivienda en Camos cando xa estaba reducida a cinzas. O GES acudiu á vivenda en apenas 10 minutos, pero ante a falta de medios só poideron acudir para asegurar a zona mentras propietarios e bombeiros contemplaban como as chamas consumían a vivenda.